ENTROIDO 2023 | Concello de Muros

PROGRAMA DO 17 AO 24 DE FEBREIRO.
ENTROIDO 2023.
CONCELLO DE MUROS
.

17 | VENRES

16.00 h | FESTA DA MOCIDADE EN MUROS
Organiza Consellaría de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia

20.30 h | FESTA DE ENTROIDO PARA MAIORES EN SEL

18 | SÁBADO

17.00 h | FESTA INFANTIL DE DISFRACES EN TAL
Centro Agro vello

23.00 h | FESTA EN MUROS
Organiza A. Praia do Castelo

19 | DOMINGO

17.00 h | CONCURSO DE COMPARSAS


Premios:
Categoría INDIVIDUAL: 200 € – 100 € – 50 € – 50 €
Categoría GRUPOS: 500 € – 250 € – 125 € – 100 €
Categoría COMPARSAS: 1.100 € – 600 € – 300 € – 150 €


EXHIBICIÓN DE DISFRACES TRADICIONAIS DE TOREA E ABELLEIRA
ACTUACIÓN DA CHARANGA TANTO NOS TÉN


Documentos:
BASES | INSCRICIÓNS | CONSTITUCIÓN DE GRUPO | COMPROMISO RESPONSABLE

20 | LUNS

17.00 h | FESTA INFANTIL DE DISFRACES EN ESTEIRO
Pavillón X. Lago. Colabora ANPA de Esteiro e A.C. O Xeito

17.00 h | FESTA INFANTIL DE DISFRACES EN SERRES
Pozo do Cachón – Colabora ANPA Valdexería

21 | MARTES

17.00 h | FESTA INFANTIL DE DISFRACES EN ABELLEIRA
Surribos. Coorganizan AC. A Ponte vella e AVV. a Ostreira

17.00 h | FESTA INFANTIL DE DISFRACES EN LOURO

C Social. Colaboran ANPA Agra de Filgueira e SC Monte Louro

22 | MÉRCORES

19.00 h | ENTERRO DO FACUNDO

24 | VENRES

17:00 h | FESTA INFANTIL DE DISFRACES EN TOREA
Casa Reitoral. Colaboran veciños de Torea

18.00 h | FESTA DE DISFRACES BIBLIOTECA DE MUROS en San Xosé


TEATRO | “As alumnas”, no Centro Cultural de Muros este sábado 4 de febreiro

Día e hora: sábado 4 de febreiro, 21:00 h
Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros
Actividade: Teatro – Culturactiva – “As Alumnas”
Programa: Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC

O sábado 4 de febreiro, ás 21:00 h, chega ao Auditorio do Centros Cultural de Muros o espectáculo, “As Alumnas”, que trata sobre os temas, xustiza social, memoria histórica, igualdade e resiliencia, tendo a educación coma tema central. Escrito por Paula Carballeira, dirixido por Fina Calleja e interpretado por Anabell Gago e Mónica Caamaño. Todo un luxo.

Mónica Camaño e Anabell Gago atópanse no pasamento da súa mestra, María Barbeito, e condúcennos por unha senda emocional que arrinca desde que se coñecen na escola antes da Guerra Civil ata os anos 70.
Un fermoso artefacto escénico dirixido a un público adulto, que trata sobre a figura da pedagoga galega María Barbeito e sobre como o franquismo significou un enorme retroceso na educación do Estado, especialmente para as mulleres. A educación, peza fundamental no desenvolvemento e na liberdade das persoas, especialmente das mulleres, é o eixo fundamental da obra. As dúas personaxes femininas representan dous casos concretos de mulleres no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil, que nos levan a tocar as transformacións sociais do momento. As Alumnas busca facer un exercicio de re apropiación da realidade colectiva e individual, para reconstruír a memoria e espazos imaxinarios da nosa comunidade, creándose así un acto ético/ estético que se complementa coa participación de espectadores activos.

Esta representación está incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC e as entradas, ao prezo de 3,50 €, xa poden ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo cultura@muros.es ou no formulario creado para este fin.

A concelleira de cultura de Muros, Mayka González, anima a tódolas persoas de Muros a gozar con outra nova sesión de teatro, nesta ocasión de corte social e cun estupendo reparto, dende a autoría ate a interpretación.


ACTIVIDADES | ENVELLECEMENTO ACTIVO NA PISCINA

ENVELLECEMENTO ACTIVO NA PISCINA

martes e/ou xoves
de 9.30 a 10.15 h

  • Prazas limitadas (por orde de inscrición)
  • Terán preferencia para as persoas de 65 anos en diante.
  • Dependendo do número de persoas inscritas será un día ou dous a semana

Inscricións ata o 16 de febreiro | 2023
| Departamento de Servizos Sociais
| Teléfono no 981 762 465


TEATRO | “A nova historia da cigarra e a formiga”, Teatro del Andamio, sábado 28 no Centro Cultural de Muros

Día e hora: sábado 28 de xaneiro, 18:00 h.
Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros
Actividade: Teatro – TEATRO DEL ANDAMIO – “A nova historia da Cigarra e a Formiga”
Programa: Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC

Quen non coñece a fábula da Cigarra e a Formiga? aquela, da cigarra preguiceira e da formiga traballadora. Mais Teatro del Andamio  cóntanos unha nova historia que comezou despois dunha noite de treboada, que fixo que todo mudara.

Mudou a vida da formiga, que vivía na saída de emerxencia do formigueiro coidando das flores e cantando as cancións que inventa en tanto ninguén a escoita. 

Cambiou a vida de Cigarra, que chega ao fermoso outeiro despois de vagar durante moito tempo buscando un lugar mellor para vivir en paz. Este encontro non vai ser doado, mais pouco a pouco vanse coñecendo e axudando unha á outra, aprendendo das experiencias de cadansúa… 

Esta tenra historia fala de ser quen de superar os medos ao descoñecido e de facer nas nosas vidas o que realmente desexamos, e da importancia do apoio mutuo, pois a Unión fai a forza. Valores que dende o departamento de cultura do Concello de Muros se consideraron moi axeitados para contribuír a celebración do Día da Paz e a non violencia, por iso a representación deste espectáculo  nestas datas; e a concelleira de cultura, Mayka González, anima a todo o público familiar da veciñanza a reservar a súa entrada, segura de que ademais gozarán moito desta proposta, chea de contidos, colorido e música.

Teatro del Andamio, é unha compañía que nace en Coruña no ano 2001; e crea este espectáculo para participar no “Festival Internacional Vilnius Rampa” de Lituania en 2013, onde acada dous premios, nas categorías  de mellor vestiario e mellor música orixinal.

O espectáculo está incluído na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC. As entradas, con un prezo de 2,50 €, deben de ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo cultura@muros.es ou no formulario creado para este fin.


TEATRO | “Arraianos”, o novo espectáculo de Sarabela, sábado 21 no Centro Cultural de Muros

Día e hora: sábado 21 de xaneiro, 21:00 h.
Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros.
Actividade: Teatro – Sarabela Teatro – “Contos Arraianos”.
Programa: Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC
.
Entradas, 3,50 €. Reserva previa.

O sábado 21 de xaneiro, ás 21:00 h, chega ao Auditorio do Centro Cultural de Muros a compañía Sarabela Teatro, co seu novo espectáculo, “Contos Arraianos”.

Un espectáculo do Autor Xosé Luís Méndez Ferrín, Dirección de Ánxeles Cuña Bóveda e no Elenco, Fernando Dacosta, Fina Calleja, Elena Seijo, Sabela Gago, Fran Lareu, Fernando González e Vadim Yukhnevich

Unha das obras fundamentais da literatura galega, levada a escena pola grande compañía Sarabela teatro. Unha suma de relatos que estremecen e fan reflexionar, ou, se acaso, fan deambular por mundos nos que transitan o erotismo, o misterio, a miseria e a grandeza da alma e da vida.
A obra céntrase en dous contos, Medias Azuis e Lobosandaus.

En Medias Azuis, dous mozos (Fer González e Fran Lareu) van mocear con dúas irmás xémeas (Sabela Gago e Fina Calleja) de aparencia saudable e belida, dúas testemuñas (Elena Seijo e Fernando Dacosta) transfiren as súas emocións e perspectivas dos acontecementos. A promesa de namoro torna nunha situación arrepiante. A relación xira sobre o gozo e o pracer sexual, ou da burla, nunca da igualdade. A atmosfera é recreada por outra testemuña, o músico (Vadim Yukhevich) que interpreta a maldición circular na que a noite de brétema vai engulir aos mozos.

Lobosandaus conta a historia dun mestre (Fran Lareu) destinado, na segunda década do século pasado, na escola unitaria dunha aldea arraiana. O mozo mestre envía cartas ao seu tío -Penitenciario da Catedral de Ourense- durante o primeiro trimestre do curso. A través das letras desenvólvese unha trama de posesión onde se conxugan o telúrico e o erótico, o mundo e o inframundo, e onde o brillo do fantástico aniña nunha calidade atmosférica e nútrese da forza desatada polo desexo. Nos confíns arraianos de Lobosandaus, a racionalidade perde o seu asento e o mestre cae baixo o dobre feitizo dos aires remotos e da fermosa Dorinda (Fina Calleja), mentres o espírito do capador – anarquista e agrarista- Nicasio Remuñán, (Fernando Dacosta). que perdeu a cabeza por ela en vida, peregrina de corpo en corpo.

Sarabela teatro é unha das compañías teatrais máis consolidadas de Galicia. Leva trinta e seis anos de traballo continuado e incesante. Foi recoñecida con seis premios Compostela, corenta María Casares, cinco Fetén e premio dos espectadores no FIOT de Carballo, entre outros. Así mesmo é unha das compañías que nos visitan periodicamente aos amantes do teatro de Muros.

Esta función está incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC e as entradas, ao prezo de 3,50 €, xa poden ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo cultura@muros.es ou no formulario creado para este fin.

A concelleira de cultura de Muros, Mayka González, anima a tódolos muradáns maiores de doce anos a gozar desta marabillosa obra e compañía de teatro; e aproveita para adiantar que na vindeira semana será a quenda dos máis novos, coa representación da nova historia da Cigarra e a Formiga.

NADAL | ACTIVIDADES DE NADAL (do 26 ao 31 de decembro)

27, martes | 18.00 h 
Casa da Cultura | “A verdadeira historia de Hamelín” de Moc Moc. Reservas.

28, mércores
Sala Nasmo | “Torneo FIFA” a partir de 13 anos. Inscrición previa.

29, xoves | 17.00 h
Mercado | “Taller de maquillaxe e abalorios de Lixo Atelier” a partir de 13 anos. Inscrición previa.

30, venres | 17.00 h
Mercado | “Taller de estampación de camisetas e de beatbox” da Vella Escola. A partir de 13 anos. Inscrición previa.

31, sábado | A partir das 11.00 h 
“San Silvestre Muradana”. Serres Runners


NADAL | O CONCERTO DE UNTÍA, O MERCADIÑO SOLIDARIO E AS ACTIVIDADES DAS BIBLIOTECAS SON AS PROTAGONISTAS DO PROGRAMA DE NADAL DE MUROS DESTA SEMANA

14, 16 E 17 – ACTIVIDADES DAS BIBLIOTECAS DE ESTEIRO E MUROS.

O xoves, 15, ás 19:00 horas, o GRUPO UNTÏA, integrado polos Músicos de Cámara da Orquestra Sinfónica de Galicia,

JUAN FERRER Clarinete
LUDWIG DÜRICHEN Violín 1
CAROLINA   WITOSLAWSKA  Violín 2
LUIGI MAZZUCATO    Viola
RAÚL  MIRÁS    Violonchelo
TODD WILLIAMSON    Contrabaixo

Interpretarán no Auditorio do Centro Cultural de Muros o PROGRAMA

Concertino para clarinete e cordas TARTINI
Quinteto para cordas  L.   BOCCHERINI
Quinteto ( Versión sexteto) para clarinete e cordas  C V.WEBER

Esta actividade está subvencionada pola Excma. Deputación Provincial da Coruña e a entrada é de balde ate completar aforo, tendo como convidados especiais ao alumnado da ESMU Municipal de Muros, que nos deleitarán co seu propio concerto xusto unha semana máis tarde, o xoves 22, neste mesmo espazo.

O venres, 16, a partir das dez da mañá, no Mercado de Muros, celebrarase a décimo oitava edición do Mercadiño Solidario de Nadal,  despois da interrupción de dous anos por mor da pandemia ocasionada polo COVID.

Este Mercadiño está coorganizado polo concello de Muros, os centros de ensino do municipio e o centro ocupacional de Valadares, sendo precisamente a rapazada a verdadeira protagonista deste evento, que ten coma finalidades  recadar fondos para algunha ONG que atenda a familias necesitadas, que nesta edición será de novo para as delegacións de Cáritas do noso municipio e concienciar aos máis novos sobre as diferenzas na nosa sociedade e a importancia de colaborar coas entidades que traballan coas familias menos favorecidas, para isto o alumnado confecciona ornamentos de Nadal que eles mesmos venden neste Mercadiño, e este ano tamén van a recoller alimentos e produtos de primeira necesidade nos centros, que logo será entregado todo ás devanditas ONGs

O programa complétase coas actividades organizadas polas bibliotecas de Esteiro e Muros.

A concelleira de Cultura e Educación de Muros, Mayka González, agradece tódalas colaboracións prestadas e imprescindibles para que este programa poda chegar a bo fin, e tamén a colaboración cidadá participando como público e cliente destas actividades, pois sen as mesmas nada ten sentido.

TEATRO | “Pirolíticos” de Mofa e Befa, o sábado 10 de decembro, no Centro Cultural de Muros

“PIROLÍTICOS”, DE MOFA E BEFA, CHEGA ESTE SÁBADO AO CENTRO CULTURAL DE MUROS

Día e hora: sábado 10 de decembro, 21:00 h.
Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros
Actividade: Teatro – Producións teatrais Excéntricas – MOFA & BEFA “Pirolíticos”
Programa: Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC
Entradas, 3,50 €. Reserva previa

O sábado 10 de decembro, ás 21:00 h, chega de novo ao Auditorio do Centro Cultural de Muros a compañía Producións teatrais Excéntricas, co novo espectáculo do dúo cómico MOFA E BEFA, “Pirolíticos”.

Co gallo do seu 30 aniversario, Mofa & Befa emprenden o seu proceso creativo máis arriscado e experimental, coa incorporación de tres mulleres na dirección e no texto. Clara Gayo, María Lado e Lucía Aldao acompañan aos artistas en PIROLÍTICOS, unha proposta que, sen renunciar ao teatro que Mofa & Befa sempre ofreceron, contén necesariamente a visión e o humor destas tres mulleres que aceptaron sen dubidar o desafío.

Mantendo a estrutura, o estilo, e as intencións “didácticas” que sempre caracterizaron a este dúo, PIROLÍTICOS é esencialmente unha guía para orientar ao público sobre as novas masculinidades de sempre e conseguir (no caso dos homes) unha correcta pirólise en 10 pasos sinxelos. Ao igual que os fornos modernos, é necesario conseguir un estado de “baleiro total” para poder comprender e asumir os novos conceptos que o Feminismo achegou nas últimas décadas. Reflexionar sobre o impacto do Patriarcado nos propios homes, recoñecer a súa posición de privilexio, e amosar as contradicións que estas influencias provocan no noso día a día, poñendo o foco en todo momento sobre un home que simpatiza coa teoría feminista e aspira a vivir en consoancia con ela, pero que ten que enfrontar unha cultura machista profundamente instalada.

Cunha estrutura en sketches, como é habitual en Mofa & Befa, e, por suposto, con música PIROLÍTICOS escenifica situacións ben recoñecibles polo público, co fin de conseguir unha mellor comprensión da “Guía Rápida para unha Correcta Pirólise”.

As autoras presentan personaxes que intentan e fracasan ou que non saben por onde empezar, personaxes que de súpeto experimentan vivenzas que en ningún caso vivirían polo feito de seren homes, personaxes que tentan familiarizarse con toda a nova terminoloxía que nos últimos tempos describe tendenzas, identidades, actitudes, gustos e desgustos…

A compañía Producións teatrais Excéntricas, fundada por Quico Cadaval e o dúo cómico Mofa e Befa, Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira, é ben coñecida de tódolos muradáns amadores do teatro, pois é unha habitual no noso espazo escénico, no que sempre deixan bo facer e bo humor.

Esta representación está inscrita na Rede Galega de Teatros e Auditorios e as entradas, ao prezo de 3,50 €, xa poden ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo cultura@muros.es ou no formulario creado para este fin.

Ademais as persoas asistentes e todas aquelas outras que o desexen poderá gozar da exposición conmemorativa, 30 anos de Mofa e Befa, que a compañía, coa colaboración do FIOT e a Deputación da Coruña, crearon, relembrando o bo facer deste dúo cómico dende 1992 ate a actualidade, realizando un percorrido polos seus espectáculos, “Cociña económica”, “Para ser exactos, “Finis Mundi Circus”, “Cultura para dar e tomar”, “Sempre ao lonxe”, … e outras manifestacións e detalles de interese de Mofa e Befa, como o “Manifesto para un teatro perralleiro”, que fai da precariedade dos recursos materiais a reivindicación dunha específica creatividade teatral, que actúa coas expresividades da mímica, os xogos de palabras, a imitación e a caricatura e a alternancia e singularidade das personaxes; e que está aberta ao público no espazo do propio auditorio do centro cultural e xuvenil de Muros durante todo o mes de decembro.

A concelleira de cultura de Muros, Mayka González, anima a tódolos muradáns a gozar do humor e bo facer artístico dos nosos convidados, e alerta á veciñanza, en especial ao público familiar, para que non deixen pasar as actividades do programa de Nadal, que se desenvolven ate o día 5 de xaneiro.


DEPORTES | Campaña da Neve da Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña ven de ofertar a Campaña da Neve 2023, un programa que xa se ven desenvolvendo dende fai varios anos. O Concello de Muros conta con 6 prazas para participar nel.

  • Lugar: Valgrande – Pajares (Asturias)
  • Participantes: Nenos e nenas de 11 a 15 anos inclusive cumpridos a 31 de decembro de 2022
  • Cota: 85,00 € (transporte incluído)
  • Data: Do 27/01/2023 ao 30/01/2023 (3ª quenda)
  • Prazo de solicitude: Ata o 14/12/2022
  • Información e inscrición: Oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros (981 762 294)

https://www.dacoruna.gal/deportes/campana-da-neve-2023

Cartel | Tríptico


NADAL | Programación Nadal 2022

NADAL | 2022 | PROGRAMA

Novembro

30, mércores | 17.30 h | Axencia de lectura de Esteiro | “Xa vén o Nadal!” (Infantil)

Decembro

1, xoves |15.30 h | Mercado | “Taller de coroas e guirnaldas de Nadal”

2, venres | Mercado Municipal |
15.30 h | “Taller de coroas e guirnaldas”
17.30 h | “Xa vén o Nadal!”
(Infantil)

3, sábado | 11.30 h | Mercado | “Xa vén o Nadal!” (Infantil)

7, mércores | 17.30 h | Axencia de lectura de Esteiro | “Decoramos galletas para o Nadal” (Infantil)

8, xoves |
11.00 h | “Visita guiada do Espírito Santo a Miraflores”
21.00 | Acendido da iluminación de Nadal

9, venres | 17.30 h | Mercado | “Bolsas para os caramelos dos Reis” (Infantil)

10, sábado |
11.30 h | Mercado |“Bolsas para os caramelos dos Reis” (Infantil)
21.00 h | Casa da Cultura | “Pirolíticos” Mofa e Befa

14, mércores | 17.30 h | Axencia de lectura de Esteiro | “Un paxe real en apuros” de Caxoto

15, xoves | 19.00 h | Casa da Cultura | “Concerto do grupo de música de cámara Untía”

16, venres |
Mercado Municipal | Mercadillo Solidario
17.30 h | “Decoramos galletas para o Nadal” (Infantil)

17, sábado |
11.30 h | Mercado | “Decoramos galletas para o Nadal” (Infantil)
Pola mañá | Actuación do Orfeón | Prazas da vila cantando panxoliñas

21, mércores | 17.30 h | Axencia de lectura de Esteiro | “Bolsas para os caramelos dos Reis” (Infantil)

22, xoves | 18.00 h | Casa da Cultura | “Concerto de Nadal” da ESMU”

23, venres | Fútbol – Cáritas.
A partir das 11.00 h | Cuadrangular de biberón | Os Miúdos / Carnota / Outes / Esteirana
18.00 h | D. de Honor Xuvenil. | R.C. Celta – S.D. Compostela. E.D. Os Miúdos

27, martes | 18.00 h | Casa da Cultura | “A verdadeira historia de Hamelín” de Moc Moc

28, mércores | Sala Nasmo | “Torneo FIFA” a partir de 13 anos. Inscrición previa.

29, xoves | 17.00 h | Mercado | “Taller de maquillaxe e abalorios de Lixo Atelier” a partir de 13 anos. Inscrición previa

30, venres | 17.00 h | Mercado | “Taller de estampación de camisetas e de beatbox” da Vella Escola. A partir de 13 anos. Inscrición previa

31, sábado |
A partir das 11.00 h | “San Silvestre Muradana”. Serres Runners
Noite | Cotillón. A.C. Castelo Rock

Xaneiro

2, luns | 18.00 h | Mercado |Actuación “Os Apalpadoriños”

3, martes |
18.00 h
| Mercado | “Os Trasnos de Nadal”
Tarde | Esteiro | Recepción carteiro Real. Asociación Agrocovo

4, mércores | 17.30 h | Mercado | “Visita guiada con Moito C@nto”

5, xoves | A partir das 17.00 h | “Cabalgata de Reis”. Saída dende Laxeiras. A.C. Fouleada


Exposicións:

“Mofa e Befa, 25 anos” Auditorio da Casa da Cultura
“Biblioteca de libros fantásticos” na Biblioteca de Muros


Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close