
Saúdo da Alcaldesa
- | 981 826 050
- | alcaldia@muros.es
-
| Concello de Muros
| Curro da Praza, 1
| 15250 Muros
Concello
SAÚDO DA ALCALDESA
Benvidos e benvidas a Muros! A través desta páxina queremos abrir un espazo de información, divulgación, intercambio e comunicación coa veciñanza de Muros e tamén con todas as persoas que nos visitan e queiran acceder a información relevante sobre a nosa historia, patrimonio, recursos, oferta de lecer, tradicións…
Accesibilidade e transparencia, que atopedes información útil e actualizada, son as nosas preocupacións, por iso estamos a traballar nesta páxina cun formato máis actual e intuitivo, para que solicitar información, facer trámites e xestións de todo tipo sexa máis rápido e fácil.
Podedes tamén achegar as vosas suxestións, ideas, preocupacións, queixas… Todo o que consideredes para seguir mellorando Muros entre todos e todas.
Así pois, como alcaldesa e como veciña de Muros, anímovos a aproximarvos a Muros para gozar do seu patrimonio cultural e natural, da gastronomía, das súas xentes… Estou segura de que volveredes!!
Unha aperta!
Inés Monteagudo
Alcaldesa de Muros