14, 16 E 17 – ACTIVIDADES DAS BIBLIOTECAS DE ESTEIRO E MUROS.
O xoves, 15, ás 19:00 horas, o GRUPO UNTÏA, integrado polos Músicos de Cámara da Orquestra Sinfónica de Galicia,
JUAN FERRER Clarinete
LUDWIG DÜRICHEN Violín 1
CAROLINA WITOSLAWSKA Violín 2
LUIGI MAZZUCATO Viola
RAÚL MIRÁS Violonchelo
TODD WILLIAMSON Contrabaixo
Interpretarán no Auditorio do Centro Cultural de Muros o PROGRAMA
Concertino para clarinete e cordas TARTINI
Quinteto para cordas L. BOCCHERINI
Quinteto ( Versión sexteto) para clarinete e cordas C V.WEBER
Esta actividade está subvencionada pola Excma. Deputación Provincial da Coruña e a entrada é de balde ate completar aforo, tendo como convidados especiais ao alumnado da ESMU Municipal de Muros, que nos deleitarán co seu propio concerto xusto unha semana máis tarde, o xoves 22, neste mesmo espazo.
O venres, 16, a partir das dez da mañá, no Mercado de Muros, celebrarase a décimo oitava edición do Mercadiño Solidario de Nadal, despois da interrupción de dous anos por mor da pandemia ocasionada polo COVID.
Este Mercadiño está coorganizado polo concello de Muros, os centros de ensino do municipio e o centro ocupacional de Valadares, sendo precisamente a rapazada a verdadeira protagonista deste evento, que ten coma finalidades recadar fondos para algunha ONG que atenda a familias necesitadas, que nesta edición será de novo para as delegacións de Cáritas do noso municipio e concienciar aos máis novos sobre as diferenzas na nosa sociedade e a importancia de colaborar coas entidades que traballan coas familias menos favorecidas, para isto o alumnado confecciona ornamentos de Nadal que eles mesmos venden neste Mercadiño, e este ano tamén van a recoller alimentos e produtos de primeira necesidade nos centros, que logo será entregado todo ás devanditas ONGs
O programa complétase coas actividades organizadas polas bibliotecas de Esteiro e Muros.
A concelleira de Cultura e Educación de Muros, Mayka González, agradece tódalas colaboracións prestadas e imprescindibles para que este programa poda chegar a bo fin, e tamén a colaboración cidadá participando como público e cliente destas actividades, pois sen as mesmas nada ten sentido.