PISCINA MUNICIPAL
PISCINA MUNICIPAL
- | 981 826 966
- | piscina@muros.gal
-
| Piscina de Muros
| Soborribas,
| 15259 Serres - Muros
Deportes
PISCINA MUNICIPAL
A piscina municipal de Muros inaugurouse en novembro de 2006 e continúa a súa actividade ata o momento actual.
Vasos
-
- Un vaso de 25 m x 12,5 m con seis vías
- Un vaso de 12,5 m x 5 m para os e as menores
Ximnasio
-
- Sala de musculación
- Zona cardiovascular
- Sala de actividades (onde se imparten cursos de zumba, step, adestramento funcional, body tónic, pilates… a maior parte deles gratuítos)
Outros servizos
-
- Sauna en cada vestiario
Entradas
-
- 2,50 € para menores de 18 anos, maiores de 64 anos e diversidade funcional
- 3,50 € para maiores de 18 e menores de 64 anos
Abonos
-
- Familiar: 33,00 €/mes. Matrícula 25,00 €
Matrimonio ou parella e fillos/as menores de 18 anos que fan uso das instalacións sen límites e en toda a súa banda horaria. - Individual: 25,00 €/mes. Matrícula 25,00 €
Persoa maior de 18 anos que fai uso das instalacións sen límites e en toda a súa banda horaria. - 3ª idade: 18,50 €/mes. Matrícula 25,00 €
Persoa maior de 65 anos que fai uso das instalacións sen límites e en toda a súa banda horaria - Xuventude: 18,50 €/mes. Matrícula 25,00 €
Persoa menor de 18 anos que fai uso das instalacións sen límites e en toda a súa banda horaria. - Matinal: 17,00 €/mes. Matrícula 25,00 €
Persoa maior de 18 anos que fai uso das instalacións só pola mañá de luns a venres, de 8.00 a 14.30 h. - Diversificación funcional: 18,50 €/mes. Matrícula 25,00 €
Persoas con diversidade funcional que fan uso das instalacións sen límites e en toda a súa banda horaria. - Bono 10 sesións:
- 22,00 € para menores de 18 anos, maiores de 64 anos e diversidade funcional
- 30,00 € para maiores de 18 e menores de 64 anos
- Abono mensual: Pagarase o abono correspondente máis a metade da matrícula
- Familiar: 33,00 €/mes. Matrícula 25,00 €
Cota de mantemento de abono: 8,00 € para persoas abonadas que non van a utilizar a instalación en 1 ou 2 meses.
O abono dá dereito a: Baño libre, musculación e cardio en ximnasio, uso da sala de actividades, sauna, 50% desconto en cursos de auga, cursos de seco gratuítos…