fondo-concello-inicio

OMIC - OFICINA MUNCIPAL DE INFORMACIÓN AO CONSUMIDOR

OMIC

Outros servizos

OMIC - OFICINA MUNCIPAL DE INFORMACIÓN AO CONSUMIDOR

A Oficina Municipal de Información ao/á consumidor/a é un servizo gratuíto do Concello, que ten coma obxectivo fundamental facilitar información e asesoramento á cidadanía, para garantir e defender os seus dereitos. Pode facer uso da oficina calquera persoa, pertenza ou non ao Concello de Muros.

Funcións da OMIC

    • Informa, axuda e orienta aos/ás consumidores/as.
    • Recepciona, tramita e media nas reclamacións presentadas.
    • Fomenta a educación e formación dos/as consumidores/as.
    • Colabora con outras entidades públicas e privadas, tamén dedicadas á protección dos/as consumidores/as.
    • Remite reclamacións á Xunta arbitral de consumo.
    • En xeral, realiza calquera función que contribúa á protección dos/as consumidores/as.

Persoas destinatarias

Todas as persoas consumidoras; isto é, as persoas físicas ou xurídicas que compren ou utilicen bens, produtos, servizos, actividades ou funcións.

Actividade

Trátanse todos os asuntos relacionados co ámbito do consumo:

    • Bens (automóbiles, electrodomésticos, xoguetes, roupa…)
    • Subministración (auga, electricidade, gas e teléfono)
    • Servizos (seguros, transportes, tintorerías, axencias de viaxe, bares, restaurantes…)

A Omic tamén se encarga de tramitar axudas, bonos, que se poidan aplicar en facturas de diferentes subministracións (Bono Social na factura da luz, teléfono…)

Outras actividades

En colaboración coa Escola Galega de Consumo realízanse campañas de educación dentro do sistema educativo formal e educación non formal, así como nas sedes das diferentes asociacións do concello, charlas, campañas no comercio local, concursos e promoción do mercado municipal…

https://consumo.xunta.gal/es/igcc/documentacion/modelo-hoja-reclamacio

Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close