ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA (ESMU)
ESMU
- | 654 995 882
- | esmu.municipal.muros @edu.xunta.es
-
| ESMU
| Rúa San Xosé
| 15250 Muros
HORARIO
De luns a venres
15.30 a 22.00
10:00 - 14:00
Cultura
ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA (ESMU)
A Escola Municipal de Música de Muros fúndase no curso 1999/2000 froito do interese e empeño da poboación por que a veciñanza de Muros en xeral, e os nenos e nenas en particular, puidesen acceder á aprendizaxe musical. (Inscrita e autorizada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Orde do 9 de abril de 2007).
A ESMU está situada no edificio San Xosé, conta de 4 aulas individuais, unha sala de profesorado e unha oficina.
Materias que se imparten
- Piano
- Saxofón
- Frauta Traveseira
- Frauta de Pico
- Gaita
- Pandeireta
- Música Tradicional
- Harmonía
- Guitarra Clásica
- Baixo Eléctrico
- Guitarra Eléctrica
- Batería
- Congas
- Linguaxe Musical
- Música Activa
- Iniciación
- Canto
- Orquestra Orff
- Coro
- Combos
Alumnado
A partir dos 4 anos. A matrícula tamén está aberta a persoas procedentes doutros concellos, sempre que haxa prazas vacantes.
Profesorado
Levamos anos contando co mesmo elenco de mestres e mestras, que conforman un grande equipo, para dar resposta ás demandas formativas do alumnado:
- José Luís Gil, mestre de Iniciación Musical, Orquestra Orff e Guitarra Clásica.
- Fernando Docampo, mestre de violín e Linguaxe Musical.
- Carlos González, mestre de Percusión e Batería, Combos e Música Moderna.
- Ramón Domínguez, mestre de Gaita, Percusión Tradicional, Vento.
- Rafael Fernández, mestre de Guitarra Eléctrica, Baixo Eléctrico, Combos e Música Moderna.
- Esperanza Mara Filgueira, mestra de Canto e Coro.
- César Acuña, mestre de Linguaxe Musical e Piano, e director da ESMU.