Servizos Sociais
Servizos Sociais
- | 981 762 465
- | 981 762 411
- | servizos.sociais@muros.gal
-
| Servizos Sociais
| R/ Rosalía de Castro, 30 - 1º
| 15250 Muros
Servizos Sociais
SERVIZOS SOCIAIS
Os servizos sociais comunitarios, de carácter predominantemente local, están referidos a un territorio e a unha poboación determinados e constitúen o punto de acceso normalizado e o primeiro nivel de intervención do sistema galego de servizos sociais (Art. 9 da Lei 13/2008, do 3 de decembro de Servizos Sociais de Galicia).
Servizo sociais de atención primaria
De acordo co art. 10 da Lei 13/2008, do 3 de decembro de Servizos Sociais de Galicia (DOG núm. 245 do 18/12/2008), os servizos sociais comunitarios básicos:
1. Teñen un carácter local, aberto e polivalente e constitúen a canle normal de acceso ao sistema de servizos sociais, co que se garante a universalidade do sistema e a súa proximidade ás persoas usuarias e aos ámbitos familiar e social.
2. Desenvolveranse desde os centros de servizos sociais polivalentes por medio de equipos interdisciplinares e coa estrutura organizativa que estableza a administración titular do servizo, sen prexuízo dos requisitos e das dotacións mínimas se determinan no Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento (DOG núm. 63 do 30/03/2012).
2.1 Programas e servizos sociais comunitarios básicos:
Os servizos sociais comunitarios básicos desenvolverán as súas funcións, de maneira estruturada, por medio dos seguintes programas e servizos:
-
-
- Programa de valoración, orientación e información en materia social ás persoas, grupos ou á comunidade en xeral, que se desenvolverá mediante a atención de dúas traballadoras sociais nas dependencias municipais.
- Servizo de axuda no fogar (SAF), que ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas ou familias no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, para facilitar o seu desenvolvemento persoal e a permanencia no seu medio habitual, especialmente naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía ou noutras situacións de risco social para as cales resulte un recurso idóneo.
- Servizo de educación e apoio familiar, que integra o conxunto de proxectos e servizos de apoio educativo e psicosocial dirixidos ás familias, co obxectivo de detectar, previr e superar as situacións de dificultade, especialmente as eventuais situacións de maltrato infantil ou calquera outra desprotección, así como promover procesos de cambio que favorezan un adecuado exercicio das responsabilidades familiares, a mellora da autonomía, da integración e da participación social das familias e unidades de convivencia.
- Programa básico de inserción social que procure valorar, dar resposta ou derivar ao recurso idóneo as persoas en situacións ou risco de exclusión social, aplicando tanto proxectos de intervención social personalizados ou de grupo como prestacións económicas específicas. Inclúense nesta categoría os proxectos expresamente dirixidos ao desenvolvemento, promoción e integración da comunidade xitana e outras minorías étnicas.
- Programa de atención temperá.
-
Na formulación e desenvolvemento dos programas básicos de actuación, os servizos sociais comunitarios incorporarán a perspectiva de anticipación e prevención, tanto individual como familiar ou comunitaria, das situacións causantes da exclusión social, a dependencia e a desprotección.
Os Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Muros contan, para o seu desenvolvemento, con financiamento da Deputación Provincial da Coruña a través do Plan de Financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos.
O Concello de Muros conta para o desenvolvemento dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos e para o Servizo de Axuda no Fogar (Dependencia) con financiamento da Xunta de Galicia, a través do Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais.