BIBLIOTECA
CULTURA
- | 981 762 294
- | cultura.deportes@muros.gal
-
| Centro Cultural e Xuvenil
| Rúa Alameda, 6
| 15250 Muros
Cultura
BIBLIOTECAS
A Biblioteca de Muros e Axencia de Lectura de Esteiro, integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia, contan cun fondo bibliográfico composto duns 20.000 exemplares. A primeira está situada no Centro Cultural e Xuvenil de Muros e a segunda na Casa da Sociedade de Esteiro.
Os servizos que ofrecen son:
Lectura e consulta en sala
Dispomos dunha sala xeral, de libre acceso de postos de lectura e consulta na parte superior da biblioteca. Calquera persoa pode acceder a eles e consultalos na sala de lectura libremente. Na sala xeral de lectura dispomos dun recanto específico acondicionado para o público infantil, cuxos fondos tamén son de libre acceso.
Préstamo
Para utilizar este servizo é necesario darse de alta como usuario/a da biblioteca. A alta como usuario/a é gratuíta e require a presentación do DNI. No caso de menores de idade, a alta debe estar autorizada por unha persoa adulta.
Dinamización lectora
As Bibliotecas municipais de Muros ofrece tamén programas estables de animación á lectura dirixidas a achegar os nenos e nenas participantes ao mundo do libro e ao lectura dun xeito lúdico.
Acceso a Internet
A maiores a Axencia de Lectura de Esteiro presta servizo de de acceso gratuíto a Internet.
Catálogo dixitalizado
O catálogo dixitalizado permite coñecer os fondos que integran a colección da biblioteca e da axencia de lectura e a súa localización e dispoñibilidade. Os catálogos atópanse aloxados da páxina web da Rede de Bibliotecas de Galicia e pode acceder a eles premendo nas seguintes ligazóns: