Novas
LISTA DE AGARDA NAS ESCOLAS DEPORTIVAS DE TAEKWONDO E XIMNASIA RÍTMICA
Debido á alta demanda rexistrada nas Escolas Deportivas de Taekwondo e Ximnasia Rítmica, ábrese un prazo para anotarse na lista de agarda destas actividades.As persoas interesadas poderán inscribirse do 13 ao 16 de outubro, en horario de 9:00 a 13:00 horas, na Piscina Municipal de Muros. A inscrición poderá realizarse de forma presencial ou chamando ao teléfono 981 82 69 66. Lémbrase que a inscrición na lista de agarda non…
A nova produción de Butacazero, A velada de Londres, chega este sábado ao Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros
O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros acollerá este sábado 3 de outubro ás 20:30 horas a representación de A velada de Londres, a nova produción da compañía galega Butacazero, que abrirá a programación de outono-inverno de artes escénicas no municipio. A montaxe parte dun texto de Manuel Lourenzo, unha das figuras máis destacadas da dramaturxia galega contemporánea, e constitúe tamén unha homenaxe á súa figura e ao seu legado artístico. A dirección…
Cheny Wa Gune inaugura a programación cultural de outono en Muros
O músico mozambicano actuará este venres nun concerto de entrada gratuíta incluído no programa Outono das Artes da Deputación da Coruña O Concello de Muros dará comezo este venres 2 de outubro ás 20:30 horas á súa programación cultural de outono coa actuación de Cheny Wa Gune, unha das figuras máis destacadas da música tradicional de Mozambique e un dos principais divulgadores da m’bila (timbila), o emblemático xilófono de madeira…
Publicados os horarios das Escolas Deportivas Municipais 2026/2027
O Concello de Muros publica os horarios das Escolas Deportivas Municipais para o curso 2026/2027, quedarán comezo durante o mes de outubro en diferentes instalacións deportivas e centros do municipio. As persoas preinscritas poden consultar xa os grupos, horarios e lugares de realización das distintas modalidades deportivas ofertadas para este curso. Consulta dos horarios Os horarios completos poden consultarse na seguinte ligazón: HORARIOS DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2026/2027 Prazo de…
Publicados os horarios dos Obradoiros Culturais Municipais 2026/2027
O Concello de Muros publica os horarios dos Obradoiros Culturais Municipais para o curso 2026/2027, que se desenvolverán en distintos espazos do municipio a partir do mes de outubro. As persoas preinscritas poden consultar xa os grupos, horarios e lugares de impartición das diferentes actividades programadas para este curso. Consulta dos horariosPodes descargar os horarios completos na seguinte ligazón: HORARIOS DOS OBRADOIROS CULTURAIS MUNICIPAIS 2026/2027 Prazo de matrículaO prazo para…
SERVIZOS SOCIAIS | VIDA ACTIVA +65 – OBRADOIRO DE MEMORIA
O departamento de Servizos Sociais abre o prazo para inscribirse nas actividades do programa Vida Activa +65 | Obradoiro de Memoria: “Activa a túa mente” Data de comenzo o 5 de outubroInscricións: Ata o 1 de outubro | Prazas Limitadas | Oficinas de Servizos Sociais | 981 762 465
La bola negra, a película que representará a España nos Oscar, chegará a Muros na súa estrea en salas
O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros incorporará á súa programación cinematográfica unha das grandes estreas do cinema español deste ano. La bola negra, a nova película de Javier Calvo e Javier Ambrossi, poderá verse en Muros desde o mesmo día da súa chegada ás salas de cine de todo o país, o vindeiro 25 de setembro. O filme chega avalado por unha extraordinaria acollida internacional tras obter…
Muros acollerá unha xornada sobre accesibilidade cultural
O Centro Cultural e Xuvenil de Muros acollerá o vindeiro martes 22 de setembro, de 10:00 a 14:00 horas, a xornada “Cultura para todas”, organizada pola Deputación da Coruña no marco do programa A Cultura é un Dereito. A actividade ofrecerá unha aproximación práctica á accesibilidade cultural, abordando cuestións relacionadas coa accesibilidade cognitiva, sensorial e física en proxectos e espazos culturais. A xornada contará coa participación de Rubén Capelán, Aitana…
O Auditorio de Muros proxectará “El ser querido” e “Spider-Man: Brand New Day” a próxima fin de semana
O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros acollerá durante a fin de semana do 18 ao 20 de setembro as proxeccións de dúas das películas máis destacadas da temporada: El ser querido, o novo filme de Rodrigo Sorogoyen protagonizado por Javier Bardem e Vicky Luengo, e Spider-Man: Brand New Day, a nova aventura do popular superheroe de Marvel. Dúas propostas moi diferentes para desfrutar do mellor cinema español e dunha…
BASES DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE MUROS DURANTE O CURSO 2026/2027
Preinscrición: Do 9 de setembro ata as 14.00 h do 19 de setembro de 2026É persoal e intransferible. A preinscrición farase nas oficinas da Centro Cultural e Xuvenil de Muros, por medio da sede electrónica do Concello de Muros ou cubrindo o seguinte formulario:Formulario de inscrición 1. Modalidades, lugares e idades A. Esteiro (Pavillón Xosé Lago) MODALIDADE ANO DE NACEMENTO Ximnasia rítmica 2023 ata o 2014 Patinaxe 2022 ata o…
BASES REGULADORAS DOS OBRADOIROS CULTURAIS DO CONCELLO DE MUROS PARA O CURSO 2026/2027
Preinscrición: Do 9 de setembro ata as 14.00 h do 19 de setembro de 2026Esta preinscrición é persoal e intransferible. A preinscrición farase nas oficinas da Centro Cultural e Xuvenil de Muros, por medio da sede electrónica do Concello de Muros ou cubrindo o seguinte formulario:Formulario de inscrición 1. Datos xerais 1.1. Os obradoiros culturais nos que poden inscribirse as persoas interesadas para o curso 2026/2027 son os seguintes: PARROQUIA/LUGAR…
Actuación de BAILE URBÁN
Actuación de Baile Urbán 23 | Agosto 20:30 no Pozo do Cachón Nenas/os de 3 – 16 anos
MEDIDAS EXTRAORDINARIAS E URXENTES DE AFORRO E USO RESPONSABLE DA AUGA
BANDO DA MANCOMUNIDADE DE AUGAS MUROS-CARNOTA A Xunta de Galicia activou a situación de prealerta por escaseza moderada de auga na conca hidrográfica do río Tambre e na ría de Muros e Noia, ámbito no que se atopan os municipios de Muros e Carnota. Ante esta situación e tendo en conta o incremento do consumo asociado ás altas temperaturas e ao período estival, a Mancomunidade de Augas Muros-Carnota considera necesario…
BASES REGULADORAS SERVIZO MADRUGADORES CONCELLO DE MUROS PARA O CURSO ESCOLAR2026/27
O Servizo Municipal de Madrugadores é un programa de conciliación da vida laboral e familiar que se desenvolverá durante o curso escolar 2026/2027 nas instalacións do CEIP Plurilingüe de Louro, do CEIP Ramón de Artaza e Malvárez e do CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío. O seu obxectivo é facilitar a conciliación das familias con fillos e fillas escolarizados nestes centros, ofrecendo un servizo de atención antes do inicio da xornada lectiva…
O cine de rúa volverá este verán ás parroquias de Louro e Tal con dúas sesións gratuítas para toda a familia
O Concello de Muros continúa ampliando a súa programación cultural de verán coa celebración de dúas novas sesións de cine de rúa, unha proposta pensada para achegar o cinema ao aire libre ás parroquias do municipio e ofrecer alternativas de lecer para toda a familia. As proxeccións forman parte da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña e terán lugar en Louro e Tal, con acceso libre e cadeiras…
Muros volverá ser a capital da cultura mariñeira coa celebración de “Muros Mira ao Mar”
As XXI Xornadas de Cultura Mariñeira “Muros Mira ao Mar” volverán converter, do 10 ao 12 de xullo, o centro histórico e o porto de Muros nun gran espazo de encontro arredor da cultura mariñeira, cunha programación que combina música, patrimonio, tradición, gastronomía, teatro, artes de rúa e actividades para todos os públicos. Durante tres días, veciñanza e visitantes poderán desfrutar do tradicional Mercado Mariñeiro, navegación en embarcacións tradicionais, visitas guiadas…
Aberto o prazo para solicitar as subvencións deportivas do Concello de Muros no ano 2026
O Concello de Muros vén de convocar as subvencións dirixidas a clubs deportivos e entidades sen ánimo de lucro do municipio para o desenvolvemento da súa actividade deportiva durante o ano 2026. O obxectivo desta liña de axudas é apoiar a participación dos clubs deportivos en competicións oficiais federadas de ámbito local, provincial e autonómico, así como a realización de actividades de fomento da actividade física e do deporte no…
Zendaya e Robert Pattinson protagonizan “El drama”, a próxima estrea no Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros
O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros continuará a súa programación cinematográfica coa proxección de El drama, unha das estreas máis destacadas da tempada, protagonizada por Zendaya e Robert Pattinson. Dirixida e escrita por Kristoffer Borgli, a película presenta unha historia que combina romance, drama e humor arredor dunha parella que se atopa ás portas do matrimonio. Emma e Charlie viven unha relación aparentemente perfecta e están a piques de…
Aberto o prazo para solicitar as bolsas para deportistas do Concello de Muros no ano 2026
O Concello de Muros vén de convocar as bolsas para deportistas do municipio correspondentes ao ano 2026. O obxectivo desta liña de axudas é apoiar a práctica e o rendemento deportivo, contribuíndo ao perfeccionamento técnico dos deportistas e facilitando a súa participación en competicións e eventos deportivos oficiais. Poderán solicitar estas bolsas os deportistas individuais residentes no Concello de Muros que practiquen deportes olímpicos ou disciplinas recoñecidas polo Comité Olímpico…
Aberto o prazo para solicitar as subvencións para actividades culturais no ano 2026
O Concello de Muros vén de convocar as subvencións dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2026. O obxectivo desta liña de axudas é apoiar o desenvolvemento de proxectos e actividades culturais no municipio de Muros promovidos polas entidades asociativas do concello. Poderán solicitar estas subvencións as entidades sen ánimo de lucro legalmente constituídas e rexistradas no Rexistro de Asociacións de…