ss_cabecera

SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ

SAT

Servizos Sociais

SAT – SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ
(Agrupación de Concellos de Noia, Lousame, Muros, Outes e Porto do Son)

Cartel Sat
O SAT é un Servizo de Atención Temperá de carácter público e gratuíto que atende á poboación infantil de 0 a 6 anos, ás súas familias e á súa contorna, que ten por obxectivo atender o máis axiña posible as necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no seu desenvolvemento ou con risco de padecelos.

Funcións

– Diagnose e valoración dos trastornos de desenvolvemento dos/das nenos/as.

– Apoio en todas as áreas de desenvolvemento do/a neno/a:

    • Desenvolvemento psicomotor
    • Desenvolvemento cognitivo
      Desenvolvemento da linguaxe e comunicación
    • Desenvolvemento da autonomía
    • Desenvolvemento da área social e afectiva

– Apoio, información, habilitación e formación da familia:

    • Terapia psicolóxica individual
    • Grupos de familias

– Coordinación coa contorna:

    • Colaboración cos /coas profesionais do ámbito social, educativo e sanitario e outros recursos da comunidade.

Acceso

    • Calquera familia residente nos concellos de Noia, Lousame, Muros, Outes ou Porto do Son poderá solicitar información e atención.
    • Por derivación pediátrica.

Contacto

– Chamando ao: 981 824 248
– A través de correo electrónico: sat@concellodenoia.gal
– Acudindo directamente ao servizo situado en Frei Lois Rodríguez, nº 9, baixo- Noia

Normativa que regula os Servizos de Atención Temperá:

Decreto 183/2013 polo que se crea a Rede Galega de Atención Temperá
Protocolo de coordinación, intervención e derivación interinstitucional en atención temperá