COVID-19 | Servizos imprescindibles e esenciais

Por Resolución desta Alcaldía núm. 394/2020 de 30 de marzo de 2020, aprobáronse os servizos imprescindibles e esenciais, así como os demais servizos non incluídos nesta relación do Concello de
Muros, o que se publica aos efectos oportunos.

“Dada a situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 o Goberno estatal decretou o Estado de Alarma mediante Real Decreto Lei 465/2020 (o cal se ten prorrogado por Real Decreto 476/20 ata as 0.00 horas do día 12 de abril de 2020).

Visto o anterior esta alcaldía mediante Resolución 365/20 de 16 de marzo, estableceu , ao amparo de dito Estado de Alarma e baixo as competencias delegadas na materia, todas e cantas actuacións foron precisas para o bo funcionamento dos servizos públicos municipais.

En data 29 de marzo de 2020 publícase no BOE o Real Decreto Lei 10/20 polo que se regula un permiso retributivo recuperable para as persoas traballadoras por conta allea que no presten servizos esenciais, co fin de reducir a mobilidade da poboación no contexto da loita contra o COVID-19.

No ámbito da administración local esta norma é de aplicación directa tanto para o persoal laboral, atendendo o seu artigo 1 como para o persoal funcionario, atendendo a Disposición adicional primeira do mesmo texto legal.

Reunida a comisión de seguimento creada ao efecto dando conta das novas circunstancias e visto que este novo Real Decreto Lei 10/20 de 29 de marzo comporta para o concello de Muros a necesidade de ditar as instrucións que sexan necesarias para o funcionamento dos servizos públicos que se consideren imprescindibles para reducir a mobilidade, é necesario realizar un reaxuste no Decreto 365/20.

Visto o anterior, en uso das miñas atribucións como Alcaldesa, RESOLVO

| Descargar documento

BANDO | COVID-19

Mª Inés Monteagudo Romero, como alcaldesa – presidenta do Concello de Muros, en base ás atribucións que me confire a Lei,

FAGO SABER

Que como consecuencia das extraordinarias circunstancias provocada polo COVID-19 e seguindo as recomendacións da Xunta de Galicia sobre a adopción de medidas preventivas, acórdase, dende o 13 de marzo:

– Suspender as actividades deportivas, educativas, culturais, sociais… organizadas ou autorizadas polo Concello. Dende o sábado 14 de marzo estarán pechadas a piscina municipal, os pavillóns deportivos, os campos de fútbol, as bibliotecas, a escola de música, a aula de informática, os centros de interpretación e os demáis recintos nos que se presten este tipo de actividades.

– Suspender os mercadiños dos luns, martes e venres en todo o Concello.

– A atención ao público nas dependencias municipais verase limitada aos casos estritamente necesarios. Os trámites administrativos faranse por vía telefónica ou telemática nas sede electrónica municipal (sede.muros.gal) e nos teléfonos seguintes:

Oficinas xerais: 981 826 050
Cultura e deportes: 981 762 294
Servizos sociais: 981 762 465

– Recoméndase seguir con atención as indicacións das autoridades sanitarias e solicítase a toda a veciñanza a máxima colaboración. Mantemos contacto constante coas autoridades e iremos informando de calquera cambio ou medida que se adopte.

Muros, 12 de marzo de 2020

A alcaldesa
Mª Inés Monteagudo Romero

Acordo Consello da Xunta

Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close