CIM
- | 981 762 465
- | 981 762 411
- | cim@muros.gal
-
| Servizos Sociais
| Rúa Rosalía de Castro, 30 - 1º
| 15250 Muros
Servizos Sociais
CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
Servizo, que comezou a funcionar no ano 2010, gratuíto, anónimo e confidencial, que o Concello de Muros pon a disposición das mulleres e da poboación en xeral coa finalidade de garantir un asesoramento no ámbito xurídico, psicolóxico e información sobre recursos específicos para mulleres; así como, desenvolve actividades formativas vinculadas á empregabilidade feminina e calquera outra actividade que teña como obxectivo prioritario a promoción da igualdade entre mulleres e homes.
Este servizo está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
Persoas destinatarias
A todas as mulleres do Concello de Muros e concellos limítrofes que non teñen o servizo do CIM.
Asesorías
- Unha asesora xurídica
- Unha psicóloga
- Unha dinamizadora
Actividades
Información e asesoramento xurídico:
- Dereito de Familia (separacións, divorcios, pensións alimenticias, custodias…)
- Dereito Penal (denuncias, malos tratos, lesións…)
- Xustiza gratuíta e outros aspectos do dereito civil, administrativo, laboral…
Atención psicolóxica:
- Apoio e asesoramento en caso de malos tratos, problemas de parella, baixa autoestima, ansiedade, trastornos alimentarios…
Orientación profesional:
- Formación e orientación laboral
Outras actividades:
- Campañas específicas para sensibilizar a poboación da situación das mulleres.
- Formación e charlas de interese para a muller e programas de prevención aos institutos da zona e colexios.
- Celebracións de determinados días como o Día da muller traballadora, o Día contra o cancro de mama, o Día internacional contra a violencia de xénero, o Día contra o Sida…
A finalidade deste equipo interdisciplinar é abordar os diversos aspectos e poder incidir na resolución de calquera circunstancia persoal, familiar, social, da maneira máis óptima e eficiente posible.