cultura_cabecera

Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX)

CULTURA

Cultura

OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL (OMIX)

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) é unha estrutura informativa de carácter municipal que presta servizos de información á mocidade do Concello de Muros. Leva funcionando dende o ano 1995 e sitúase no Centro Cultural e Xuvenil de Muros.

Obxectivos

    • Informar e orientar sobre todos aqueles temas de interese xuvenil.
    • Incentivar a participación da mocidade na súa realidade social.
    • Establecer canles de participación entre as entidades públicas e a mocidade.
    • Favorecer a igualdade de oportunidades a través do acceso igualitario e autónomo á información e recursos.
    • Descentralizar os servizos de información xuvenil para achegarse aos destinatarios colaborando con axentes sociais (centros educativos, asociacións, outras administracións…)

Actuacións

    • Información e asesoramento á persoas usuarias demandantes.
    • Emisión do Carné Xove.
    • Recompilación de información que poida resultar de interese para a xuventude.

Consultas ou servizos

    • Emisión do Carné Xove.
    • Información e subscrición en campamentos e viaxes.
    • Información de estudos e formación.
    • Información de ofertas de emprego.
    • Información e asesoramento en petición de bolsas e axudas.
    • Información de programas xuvenís.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close