ges_cabecera

GES - Grupo de Emerxencias Supramunicipal

GES

  • | 112
  • | ges@muros.es
  • | GES
    | Soborribos, s/n, Serres
    | 15259 Muros

Outros servizos

GES - GRUPO DE EMERXENCIAS SUPRAMUNCIPAL

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal é un equipo que conforman 12 profesionais coas funcións principais de ofrecer a atención permanente e profesionalizada nas emerxencias que xorden na comarca de Muros (Muros, Mazaricos, Carnota e Outes) e unha cunha cobertura total as 24 h os 365 días do ano.

Intégrase funcionalmente dentro do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil, no cal tamén coopera a Agrupación de Voluntariado de Protección Civil (Avpc) de Muros.

Vehículos e materiais

    • 2 vehículos todoterreo.
    • 2 bombas urbanas lixeiras, con capacidade de 2000 l, porta extintores, material de sinalización e balizamento, equipo de excarcelación, escadas, material de rescate e inmovilización, motoserras, lazo para recollida de animais feridos, absorbentes de hidrocarburos e outro material funxible de distinto tipo.
    • Bomba rural pesada (motobomba) con capacidade de 4000 l e equipada con mangueiras de distintos diámetros, lanzas, bifurcacións, reducións, xerador de espuma.
    • 2 embarcacións neumáticas de 5,80 m de eslora.
    • 1 moto acuática con padiola de rescate.
    • 1 remolque de emerxencias, equipado con bombas de achique, xeradores de electricidade, iluminación e outros materiais funxibles.

Funcións

    • A prevención, vixilancia e rehabilitación do normal desenvolvemento das infraestruturas municipais.
    • A intervención en incendios urbanos co obxectivo de prestar unha atención rápida nos primeiros minutos para garantir a integridade física das persoas afectadas e, na medida das súas posibilidades, a dos bens materiais.
    • Accidentes de tráfico, excarceracións e rehabilitación e limpeza das vías afectadas por estes.
    • Apertura de portas en caso de extrema gravidade e cando así o solicitan as forzas e corpos de seguridade do estado.
    • Intervención rápida en incendios forestais ata a chegada dos medios da administración autonómica (SPDCIF), tendo como principal obxectivo a salvagarda e protección das posibles vidas ou dos bens inmobles en perigo.
    • Colaboración na elaboración dos plans de emerxencia e autoprotección das dependencias municipais, centro escolar e lugares públicos de grande aforo deste municipio cos conseguintes programas de formación e simulacros necesarios establecidos para garantir o seu perfecto desenvolvemento.
    • Actuación en inundacións e anegamentos, inclemencias meteorolóxicas, temporais, caída de árbores e outros acaecementos similares.
    • Prevención de inundacións e anegamentos, procedendo á limpeza e mantemento de beiravías, sumidoiros de augas pluviais e similares, en colaboración coas brigadas municipais de Obras e Servizos.
    • Identificación e comunicación de animais abandonados, feridos ou mortos.
    • Coordinación do Plan SAPRAGA que implica a vixilancia nas praias durante os meses comprendidos entre xuño e setembro.
    • Colaboración necesaria coa Garda Civil e Policía Local nos casos nos que esta o solicite.
    • Repartición de alimentos dos programas de axuda ás persoas máis desfavorecidas ou outros colectivos ditaminados pola Alcaldía de Muros.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close