ANUNCIO | Resultado da realización do terceiro e cuarto exercicio, valoración do concurso de méritos e proposta de contratación do proceso selectivo de persoal para a brigada de incendios 2020

Na sesión celebrada o día 8 de xullo de 2020, o tribunal do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa de persoal para a brigada de incendios 2020, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Acórdase publicar o resultado da realización do terceiro exercicio e da valoración da fase de concurso que se publica como anexo l.

Segundo. De acordo coas persoas aspirantes que non presentaron o certificado de galego, acórdase realizar o cuarto exercicio do proceso selectivo no cal asesora ao tribunal a normalizadora lingüística, acordando dar por apto neste exercicio a todas as persoas aspirantes que superaron o terceiro exercicio.

ANUNCIO | Resultado do primeiro e segundo exercicio do proceso selectivo da brigada de incendios 2020

Na sesión celebrada o día 6 de xullo de 2020, o tribunal do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa de persoal para a brigada de incendios 2020, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Acórdase publicar o resultado da realización do primeiro e segundo exercicio da fase de oposición segundo o previsto no punto 8. a das bases e que se publica como anexo l. De acordo co previsto no punto 8 das bases, as persoas aspirantes terán un prazo de dous días dende a publicación deste acordo para presentar as reclamacións que consideren oportunas.

Segundo. Acórdase convocar aos/ás aspirantes que superaron o exercicio segundo a realización do terceiro e cuarto exercicio o día 8 de xullo ás 9.00 h na antiga fabrica de Sel, situada na Rúa Porteliña 2, Muros.

ANUNCIO | Lista provisional de admitidos e excluídos, composición do tribunal e convocatoria do primeiro exercicio para selección de persoal para limpeza de praias, 2020

Por resolución da alcaldía núm.763/2020 de 3 de xullo de 2020, adoptouse o seguinte acordo

“Vista a Resolución da Alcaldía núm. 673/2020 de 17 de xuño pola que se aprobaron as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa para o servizo de limpeza de praias, 2020 e para a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo, financiado pola Deputación da Coruña dentro do programa MA100/2020, publicada no BOP núm. 92 de 22 de xuño de 2020

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes para participar neste proceso e de conformidade co previsto nas bases da convocatoria

RESOLVO

PRIMEIRO. Aprobar a lista provisional de admitidos e excluídos na convocatoria referenciada

ANUNCIO | Anuncio da lista definitiva de persoas admitidas e excluídas e data de realización do primeiro e segundo exame do proceso selectivo de persoal para a brigada de incendios 2020

Por Resolución da Alcaldía núm 732/2020 de 1 de xullo adoptouse o seguinte acordo,

Vista a Resolución da Alcaldía núm. 642/2020 de 5 de xuño de 2020 pola que se aprobaron as bases da convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa de 2 capataces, 2 peóns condutores e 6 peóns para a creación de dúas brigadas de incendios, anualidade 2020 e a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo financiado pola Consellería de Medio Rural, publicada no BOP núm. 68 de 12 de maio de 2020.

Vista a resolución da Alcaldía núm. 717/2020 de 25 de xuño de 2020, pola que se aproba a lista provisional de persoas admitidas e excluídas para participar neste proceso selectivo.

Vistas as reclamacións presentadas a esta lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos e finalizado o prazo de presentación de reclamacións, e de conformidade co previsto nas bases da convocatoria,

RESOLVO

PRIMEIRO. Aprobar a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas na convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa de 2 capataces, 2 peóns condutores e 6 peóns para a creación de dúas brigadas de incendios, anualidade 2020 e para a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo financiado pola Consellería de Medio Rural, publicada no BOP núm. 68 de 12 de maio de 2020.

Anuncio de corrección da lista definitiva de admitidos no proceso selectivo da brigada de incendios 2020.

Anuncio (PDF-137,85 kb )

EMPREGO | Preguntas máis frecuentes das persoas demandantes sobre as medidas COVID-19

TEÑO QUE RENOVAR PROXIMAMENTE A MIÑA DEMANDA DE EMPREGO, QUE TEÑO QUE FACER?

Nos tes que facer nada. Emprego Galicia renovará de oficio a túa demanda de emprego ata o próximo día 30 de setembro.

NUNCA ESTIVEN INSCRITA/O COMO DEMANDANTE DE EMPREGO EN GALICIA E NECESITO SOLICITAR A MIÑA ALTA INICIAL PARA TRAMITAR UNHA PRESTACIÓN OU SUBSIDIO, ACCEDER A UNHA OFERTA OU POR ESTAR AFECTADA/O POR UN ERTE, COMO TEÑO QUE FACER?

Neste caso tes á túa disposición o novo Formulario de solicitude de alta inicial premendo neste enlace.

Unha vez rexistrada a túa solicitude, a oficina de emprego contactará contigo para consultar, de ser o caso, os datos que sexan necesarios para completar a túa demanda de emprego.

Se a túa demanda xa está rexistrada, o formulario dará un aviso advertindo que xa tes unha demanda no noso sistema. Consulta entón as seguintes preguntas.

NECESITO SOLICITAR UNHA PRESTACIÓN OU SUBSIDIO, PERO TEÑO A MIÑA DEMANDA EN BAIXA, COMO DEBO ACTUAR?

Debes dirixirte directamente á Oficina de Prestacións do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) a través do sistema de cita previa virtual habilitado na súa web, neste  enlace.

Tamén podes empregar o novo formulario de pre-solicitude de prestación individual por desemprego dispoñible aquí.

Podes ampliar información nos seguintes enlaces:

ESCOLA DE MÚSICA | Abrimos o prazo da preinscrición na escola municipal de música para o curso escolar 2020/21

Abrimos o prazo da preinscricion da Escola Municipal de Música dende o 1 ata o 31 de xullo.

MUROS (EDIFICIO SAN XOSÉ)
Luns, mércores e venres de 10.00 – 14.00 h

ESTEIRO (NO AREAL)
Martes e xoves de 10.00 – 14.00 h

Tamén poden mandar o folleto cuberto ao seguinte correo esmu.municipal.muros@edu.xunta.es

Información:
Oficina da Escola Municipal de Música
R/ Rúa San Xosé · Muros
O Areal – Esteiro
Correo electrónico: esmu.municipal.muros@edu.xunta.es

 

CONVOCATORIA | Proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa para a oficina de turismo e elaboración dunha bolsa de traballo 2020

Por Resolución da Alcaldía núm. 720/2020 de 26 de xuño, aprobáronse as bases e a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa para a oficina de turismo do Concello de Muros, 2020 e para a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo financiado pola Deputación da Coruña dentro do programa DP0029/2019, e que se transcriben a continuación:

CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL A XORNADA COMPLETA PARA A OFICINA DE TURISMO DO CONCELLO DE MUROS 2020, E PARA A ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO EN RÉXIME DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL A TEMPO COMPLETO FINANCIADO POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA DENTRO DO PROGRAMA DP0029/2020

1. Obxecto da convocatoria

Ten por obxecto esta convocatoria a selección para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa para a oficina de Turismo do Concello de Muros (informadores turísticos e guía turístico), anualidade 2020, mediante calquera das modalidades de contratación previstas no Real decreto lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores. A xornada será de luns a domingo cos descansos que establece a lei. As datas de inicio e de finalización dos contratos serán os establecidos na Resolución da contratación.

2. Características do posto

Área de subscrición: Turismo
Denominación dos postos e prazas: 1 guía turístico/a e 2 informador/a turístico/a
Grupo: III
Soldo: 1.281,06 €
Modalidade contractual: Contrato de obra ou servizo a tempo completo
Postos e duración: 1 guía turístico durante 4 meses | 2 informadores turísticos durante 3 meses

Titulación: Certificado de estudos segundo o previsto na letra nos puntos 4 g) e 4 h) das bases

Outros coñecementos: CELGA 4 ou equivalente

Funcións: O cometido funcional do posto versará sobre as tarefas propias da praza, consistentes na realización de visitas guiadas polo casco histórico de Muros, así como de información e atención ás persoas usuarias das oficinas de turismo de Muros. Tamén deberá realizar aquelas outras tarefas que lle poidan ser encomendadas polos órganos municipais competentes ou polo seu superior xerárquico para a satisfacción das necesidades propias do Concello relacionadas co posto de traballo.

ANUNCIO | Lista provisional de persoas admitidas e exluídas, composición do Tribunal e convocatoria do primeiro e segundo exame para a selección de persoal da brigada de incendios 2020

Por resolución da Alcaldía núm. 717/2020 de 25 de xuño de 2020, adoptouse o seguinte acordo:

Vista a Resolución da Alcaldía núm. 642/2020 de 5 de xuño de 2020 pola que se aprobaron as bases da convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa de 2 capataces, 2 peóns condutores e 6 peóns para a creación de dúas brigadas de incendios, anualidade 2020 e a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo financiado pola Consellería de Medio Rural.

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes para participar neste proceso selectivo e de conformidade co previsto nas bases da convocatoria,

RESOLVO

PRIMEIRO. Aprobar a lista provisional de persoas admitidas e excluídas na convocatoria

ANUNCIO | Lista provisional de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo de auxiliares de axuda do fogar 2020

Por Resolución da Alcaldía núm. 709/2020 de 25 de xuño, adoptouse o seguinte acordo:

Vista a Resolución da Alcaldía núm. 333/2020 de 10 de marzo pola que se aprobaron bases e a convocatoria do proceso selectivo para a creación dunha lista de contratación, como persoal laboral temporal, de auxiliares de axuda no fogar no Concello de Muros, publicada no BOP núm. 50 de 13 de marzo de 2020.

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes para participar neste proceso e de conformidade co previsto nas bases desta convocatoria,

RESOLVO

PRIMEIRO. Aprobar a lista provisional de persoas admitidas e excluídas na convocatoria referenciada

PERSOAS ADMITIDAS

Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close