CONVOCATORIA | Proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa para a oficina de turismo e elaboración dunha bolsa de traballo 2020

Por Resolución da Alcaldía núm. 720/2020 de 26 de xuño, aprobáronse as bases e a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa para a oficina de turismo do Concello de Muros, 2020 e para a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo financiado pola Deputación da Coruña dentro do programa DP0029/2019, e que se transcriben a continuación:

CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL A XORNADA COMPLETA PARA A OFICINA DE TURISMO DO CONCELLO DE MUROS 2020, E PARA A ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO EN RÉXIME DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL A TEMPO COMPLETO FINANCIADO POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA DENTRO DO PROGRAMA DP0029/2020

1. Obxecto da convocatoria

Ten por obxecto esta convocatoria a selección para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa para a oficina de Turismo do Concello de Muros (informadores turísticos e guía turístico), anualidade 2020, mediante calquera das modalidades de contratación previstas no Real decreto lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores. A xornada será de luns a domingo cos descansos que establece a lei. As datas de inicio e de finalización dos contratos serán os establecidos na Resolución da contratación.

2. Características do posto

Área de subscrición: Turismo
Denominación dos postos e prazas: 1 guía turístico/a e 2 informador/a turístico/a
Grupo: III
Soldo: 1.281,06 €
Modalidade contractual: Contrato de obra ou servizo a tempo completo
Postos e duración: 1 guía turístico durante 4 meses | 2 informadores turísticos durante 3 meses

Titulación: Certificado de estudos segundo o previsto na letra nos puntos 4 g) e 4 h) das bases

Outros coñecementos: CELGA 4 ou equivalente

Funcións: O cometido funcional do posto versará sobre as tarefas propias da praza, consistentes na realización de visitas guiadas polo casco histórico de Muros, así como de información e atención ás persoas usuarias das oficinas de turismo de Muros. Tamén deberá realizar aquelas outras tarefas que lle poidan ser encomendadas polos órganos municipais competentes ou polo seu superior xerárquico para a satisfacción das necesidades propias do Concello relacionadas co posto de traballo.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close