Por Resolución da Alcaldía núm 732/2020 de 1 de xullo adoptouse o seguinte acordo,
Vista a Resolución da Alcaldía núm. 642/2020 de 5 de xuño de 2020 pola que se aprobaron as bases da convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa de 2 capataces, 2 peóns condutores e 6 peóns para a creación de dúas brigadas de incendios, anualidade 2020 e a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo financiado pola Consellería de Medio Rural, publicada no BOP núm. 68 de 12 de maio de 2020.
Vista a resolución da Alcaldía núm. 717/2020 de 25 de xuño de 2020, pola que se aproba a lista provisional de persoas admitidas e excluídas para participar neste proceso selectivo.
Vistas as reclamacións presentadas a esta lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos e finalizado o prazo de presentación de reclamacións, e de conformidade co previsto nas bases da convocatoria,
RESOLVO
PRIMEIRO. Aprobar a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas na convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa de 2 capataces, 2 peóns condutores e 6 peóns para a creación de dúas brigadas de incendios, anualidade 2020 e para a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo financiado pola Consellería de Medio Rural, publicada no BOP núm. 68 de 12 de maio de 2020.
Anuncio de corrección da lista definitiva de admitidos no proceso selectivo da brigada de incendios 2020.
Anuncio (PDF-137,85 kb )