TEÑO QUE RENOVAR PROXIMAMENTE A MIÑA DEMANDA DE EMPREGO, QUE TEÑO QUE FACER?
Nos tes que facer nada. Emprego Galicia renovará de oficio a túa demanda de emprego ata o próximo día 30 de setembro.
NUNCA ESTIVEN INSCRITA/O COMO DEMANDANTE DE EMPREGO EN GALICIA E NECESITO SOLICITAR A MIÑA ALTA INICIAL PARA TRAMITAR UNHA PRESTACIÓN OU SUBSIDIO, ACCEDER A UNHA OFERTA OU POR ESTAR AFECTADA/O POR UN ERTE, COMO TEÑO QUE FACER?
Neste caso tes á túa disposición o novo Formulario de solicitude de alta inicial premendo neste enlace.
Unha vez rexistrada a túa solicitude, a oficina de emprego contactará contigo para consultar, de ser o caso, os datos que sexan necesarios para completar a túa demanda de emprego.
Se a túa demanda xa está rexistrada, o formulario dará un aviso advertindo que xa tes unha demanda no noso sistema. Consulta entón as seguintes preguntas.
NECESITO SOLICITAR UNHA PRESTACIÓN OU SUBSIDIO, PERO TEÑO A MIÑA DEMANDA EN BAIXA, COMO DEBO ACTUAR?
Debes dirixirte directamente á Oficina de Prestacións do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) a través do sistema de cita previa virtual habilitado na súa web, neste enlace.
Tamén podes empregar o novo formulario de pre-solicitude de prestación individual por desemprego dispoñible aquí.
Podes ampliar información nos seguintes enlaces: