Terá dereito a o subsidio extraordinario por falta de actividade se, con anterioridade ao 14 de marzo estaba de alta no Sistema Especial de Empregados do Fogar do Réxime Xeral da Seguridade Social, e se atopa nalgunha das seguintes situacións:
- Deixou de prestar servizos, total ou parcialmente, con carácter temporal, a fin de reducir o risco de contaxio, por causas alleas á súa vontade, nun ou varios domicilios con motivo da crise sanitaria do COVID-19.
- Extinguiuse o seu contrato de traballo por causas alleas á vontade da persoa traballadora e esta extincion débese á crise sanitaria do COVID-19.
Para iso:
- Se dispón de DNI electrónico, certificado dixital ou usuario cl@ve pode:
- Presentar a solicitude e achegar a declaración responsable da persoa empregadora (tantas declaracións responsables como empregados teña).
- Se NON dispón de DNI electrónico, certificado dixital ou usuario cl@ve pode:
- Descargar o formulario de solicitude e o formulario de declaración responsable da persoa empregadora (tantas declaracións responsables como empregados teña).
Nas seguintes ligazóns ten acceso a información sobre instrucións para encher a solicitude e tamén as instrucións para a persoa empregadora:
- Modelo de solicitude SEEH
- Instrucións para a solicitude de SEEH
- Modelo de solicitude da persoa empregadora
- Instrucións para a persoa empregadora de SEEH
Máis información: https://sede.sepe.gob.es/contenidosSede/generico.do?pagina=/proce_ciudadanos/subsidios_SEEH.html
Ou contactando coa orientadora laboral no teléfono 687 854 447 en horario de 09:00 a 14:00 horas.