CONVOCATORIA | Proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa de peóns albaneis

Por Resolución desta Alcaldía núm. 502/2020 de 6 de maio de 2020, aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal a xornada completa de peóns albaneis para a cuadrilla de obras e servizos mínimos municipal, anualidade 2020, e a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo financiado pola Deputación da Coruña dentro do programa PEL/concellos 2020,

CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL A XORNADA COMPLETA DE PEÓNS ALBANEIS PARA A CUADRILLA DE OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS, 2020 E PARA A ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO EN RÉXIME DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL A TEMPO COMPLETO FINANCIADO POLA DEPUTACIÓN DA CORUÑA DENTRO DO PROGRAMA PEL/CONCELLOS 2020

1 Obxecto da convocatoria

Ten por obxecto esta convocatoria a provisión mediante contrato laboral de duración determinada de peóns albaneis para a cuadrilla de obras e servizos mínimos municipal, anualidade 2020, mediante calquera das modalidades de contratación previstas no Real decreto lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores. A xornada será de luns a domingo cos descansos que establece a lei. As datas de inicio e de finalización dos contratos serán os establecidos na Resolución da contratación.

2 Características do posto

  • Área de subscrición: Obras
  • Denominación do posto: peón albanel
  • Prazas: 6
  • Duración: 5 meses
  • Grupo: V
  • Soldo: 1109,01 €
  • Modalidade contractual: Contrato de obra ou servizo a tempo completo.
  • Titulación: Polas funcións a realizar, non se precisa estar en posesión de ningunha titulación.
  • Cometido funcional: As funcións a desenvolver consisten nas tarefas propias dos peóns de albanelería, carpintería, fontanería e electricidade, sempre dentro das funcións dos servizos mínimos previstas na lei. Así mesmo, realizarán aquelas outras tarefas que lle poidan ser encomendadas polos órganos municipais e polo seu superior xerárquico para a satisfacción das necesidades propias do servizo.

Bases e Convocatoria (PDF-166,5 kb )

Modelo de solicitude (PDF-922,26 kb )

Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close