INFORMACIÓN | Procedemento para a tramitación do subsidio excepcional por desemprego

Fonte: Servicio Público de Empleo Estatal www.sepe.es

IMPORTANTE: As cotizacións acreditadas pola persoa traballadora correspondentes ao traballo de duración determinada extinguido e as anteriores, se as houbera, consideraranse utilizadas para o recoñecemento do subsidio excepcional, e por tanto, non poderán terse en conta, no seu caso, para o recoñecemento dunha futura prestación.

Publicada no BOE de 4 de maio de 2020 Resolución do 1 de maio de 2020 do Servicio Público de Empleo Estatal, pola que se establece o procedemento para a tramitación de solicitudes do subsidio excepcional por desemprego regulado no artigo 33 do Real Decreto-lei 11/2020, de 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19.

Requisitos

A persoa traballadora deberá reunir os seguintes requisitos:

  • Encontrarse inscrita como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego e subscribir o compromiso de actividade. Durante a vixencia do estado de alarma, a inscrición como demandante de emprego realizarase de oficio polo servizo público de emprego competente, a instancia do SEPE.
  • Non contar coa cotización necesaria para acceder a outra prestación ou subsidio por desemprego.
  • Ter cesado de forma involuntaria, a partir do 15 de marzo de 2020, nun contrato por conta allea de duración determinada durante o cal existira a obriga de cotizar por desemprego e cuxa vixencia teña sido igual ou superior a dous meses.
  • Carecer de rendas, de calquera natureza, superiores ao 75 % do salario mínimo interprofesional, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.
  • Non ser perceptora de calquera renda mínima, renda de inclusión, salario social ou axudas análogas concedidas por calquera Administración Pública.
  • Non estar traballando por conta propia ou allea a xornada completa na data da extinción do contrato nin na data de nacemento do subsidio excepcional.

Solicitude

Encher o formulario de pre-solicitude de prestación individual dispoñible na sede electrónica do SEPE que terá efectos de solicitude provisional, envialo a través da entidade xestora a través da mesma sede.

Así mesmo, poderase presenta-lo formulario a través dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Presentación de solicitudes

O prazo de presentación empezará o cinco de maio e terminará o día no que se cumpra un mes dende a data na que finalice a vixencia da declaración de estado de alarma, ambos inclusive. Si se presenta fóra do prazo indicado, terase por non presentado.

Duración e contía

O dereito ao subsidio excepcional nacerá a partir do día seguinte a aquel no que se extinguiu o contrato de traballo de duración determinada. En caso de que o período que corresponda ás vacacións anuais retribuídas non se gozara con anterioridade á finalización da relación laboral, o nacemento do dereito producirase unha vez transcorrido o dito período.

A duración será dun mes, ampliable si así se determina por Real Decreto-lei e non poderá percibirse en máis dunha ocasión.

O subsidio excepcional consistirá nunha axuda mensual do 80% do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM) vixente e o seu pago realizarase polo Servicio Público de Empleo Estatal a partir do mes seguinte ao da solicitude.

Pode consultar toda a información no espazo dedicado ao subsidio excepcional por fin de contrato temporal  nas medidas COVID-19 da web do SEPE.

Se tes algunha dúbida podes contactar coa orientadora laboral no teléfono 687 854 447 en horario de 09:00 a 14:00

Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close