BANDO | COVID-19

Mª Inés Monteagudo Romero, como alcaldesa – presidenta do Concello de Muros, en base ás atribucións que me confire a Lei,

FAGO SABER

Que como consecuencia das extraordinarias circunstancias provocada polo COVID-19 e seguindo as recomendacións da Xunta de Galicia sobre a adopción de medidas preventivas, acórdase, dende o 13 de marzo:

– Suspender as actividades deportivas, educativas, culturais, sociais… organizadas ou autorizadas polo Concello. Dende o sábado 14 de marzo estarán pechadas a piscina municipal, os pavillóns deportivos, os campos de fútbol, as bibliotecas, a escola de música, a aula de informática, os centros de interpretación e os demáis recintos nos que se presten este tipo de actividades.

– Suspender os mercadiños dos luns, martes e venres en todo o Concello.

– A atención ao público nas dependencias municipais verase limitada aos casos estritamente necesarios. Os trámites administrativos faranse por vía telefónica ou telemática nas sede electrónica municipal (sede.muros.gal) e nos teléfonos seguintes:

Oficinas xerais: 981 826 050
Cultura e deportes: 981 762 294
Servizos sociais: 981 762 465

– Recoméndase seguir con atención as indicacións das autoridades sanitarias e solicítase a toda a veciñanza a máxima colaboración. Mantemos contacto constante coas autoridades e iremos informando de calquera cambio ou medida que se adopte.

Muros, 12 de marzo de 2020

A alcaldesa
Mª Inés Monteagudo Romero

Acordo Consello da Xunta

Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close