OBRADOIRO DE EMPREGO | Listaxe de puntuacións definitivas do proceso selectivo do equipo directivo, docente de apoio do obradoiro de emprego “OE COSTAGRANDE”

LISTAXE DE PUNTUACIÓNS DEFINITIVAS DO PROCESO SELECTIVO DO EQUIPO DIRECTIVO, DOCENTE DE APOIO DO OBRADOIRO DE EMPREGO “OE COSTAGRANDE”


LISTAXE PROVISIONAL DO PROCESO SELECTIVO DO EQUIPO DIRECTIVO, DOCENTE DE APOIO DO OBRADOIRO DE EMPREGO “OE COSTAGRANDE”


Listaxe de puntuacións provisional da entrevista persoal realizada as persoas do equipo directivo e persoal de apoio e docentes candidatas do do obradoiro de emprego “OE COSTAGRANDE”.


ANUNCIO APROBACION BASES SELECCIÓN PERSOAL OBRADOIRO “COSTAGRANDE”

Por Resolución da Alcaldía número 990/2022 de 22 de agosto adoptouse o seguinte acordo de aprobación das bases para a selección do alumnado traballador e persoal directivo, docentes e de apoio do obradoiro de emprego “OE COSTAGRANDE”


OBRADOIRO DE EMPREGO | Obradoiro Dual de Emprego, promovido polos Concellos de Muros e Carnota, denominado “Costagrande”

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade acaba de aprobar o desenvolvemento do Obradoiro Dual de Emprego, promovido polos Concellos de Muros e Carnota, denominado “Costagrande”. Trátase dun programa mixto de emprego e formación que terá unha duración de 12 meses, cunha etapa de formación en alternancia co traballo ou práctica profesional, dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional.

A Resolución contempla o financiamento dos custos de formación profesional para o emprego por un importe de 503.987,00 euros, destinados a financiar os gastos de formación e funcionamento, así como os gastos do alumnado participante, que está previsto sexa de 20 alumnos/as, distribuídos nas especialidades formativas seguintes:

Especialidades:

  • Revestimentos con pezas ríxidas por adherencia en construción (10 alumnos/as).
    OBXECTIVO XERAL: Executar e organizar os traballos de revestimento en edificación con pezas ríxidas – solados, azulexado e chapados con baldosas e pezas cerámicas, de pedra natural ou artificial, vidro e outros materiais, empregando técnicas de adherencia directa ou mixta con ancoraxe mecánica, e realizando os recrecidos necesarios tanto para aplicacións convencionais como especiais, seguindo as directrices especificadas na documentación técnica e as indicacións do superior ou responsable, cumprindo as prescricións establecidas en materia de seguridade e saúde e de calidade, e colaborando no control de riscos na súa área profesional.
  • Confección e publicación de páxinas web (10 alumnos/as).
    OBXECTIVO XERAL: Crear e publicar páxinas web que integran textos, imaxes, e outros elementos, utilizando linguaxes de marcos e editores apropiados, segundo especificacións e condicións de usabilidade dadas, e realizar os procedementos de instalación e verificación destas no servidor correspondente.

A data prevista de inicio do Obradoiro é o 19 de setembro de 2022. As persoas interesadas deberán solicitalo de forma presencial na Oficina de Emprego de Cee (con cita previa) ou a través da web https://emprego.xunta.gal -> Oficina virtual -> Obradoiros de emprego. A data límite para efectuar a solicitude será o 16 de agosto.


Utilizamos cookies propias e de terceiros para obter datos estatísticos da navegación dos nosos usuarios e mellorar os nosos servizos. Se acepta ou continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close