OBRADOIRO DE EMPREGO | Listaxe de puntuacións definitiva do proceso selectivo de alumnado para o obradoiro de emprego “OE COSTAGRANDE”

LISTAXE DE PUNTUACIÓNS DEFINITIVA DO PROCESO SELECTIVO DE ALUMNADO PARA O OBRADOIRO DE EMPREGO “OE COSTAGRANDE”


Proposta provisional de seleción de alumnos obradoiro “costagrande”


Publicase aos efectos oportunos a puntuación da fase entrevista dos alumnos obradoiro Costagrande


ANUNCIO APROBACION BASES SELECCIÓN PERSOAL OBRADOIRO “COSTAGRANDE”

Por Resolución da Alcaldía número 990/2022 de 22 de agosto adoptouse o seguinte acordo de aprobación das bases para a selección do alumnado traballador e persoal directivo, docentes e de apoio do obradoiro de emprego “OE COSTAGRANDE”


OBRADOIRO DE EMPREGO | Obradoiro Dual de Emprego, promovido polos Concellos de Muros e Carnota, denominado “Costagrande”

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade acaba de aprobar o desenvolvemento do Obradoiro Dual de Emprego, promovido polos Concellos de Muros e Carnota, denominado “Costagrande”. Trátase dun programa mixto de emprego e formación que terá unha duración de 12 meses, cunha etapa de formación en alternancia co traballo ou práctica profesional, dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional.

A Resolución contempla o financiamento dos custos de formación profesional para o emprego por un importe de 503.987,00 euros, destinados a financiar os gastos de formación e funcionamento, así como os gastos do alumnado participante, que está previsto sexa de 20 alumnos/as, distribuídos nas especialidades formativas seguintes:

Especialidades:

  • Revestimentos con pezas ríxidas por adherencia en construción (10 alumnos/as).
    OBXECTIVO XERAL: Executar e organizar os traballos de revestimento en edificación con pezas ríxidas – solados, azulexado e chapados con baldosas e pezas cerámicas, de pedra natural ou artificial, vidro e outros materiais, empregando técnicas de adherencia directa ou mixta con ancoraxe mecánica, e realizando os recrecidos necesarios tanto para aplicacións convencionais como especiais, seguindo as directrices especificadas na documentación técnica e as indicacións do superior ou responsable, cumprindo as prescricións establecidas en materia de seguridade e saúde e de calidade, e colaborando no control de riscos na súa área profesional.
  • Confección e publicación de páxinas web (10 alumnos/as).
    OBXECTIVO XERAL: Crear e publicar páxinas web que integran textos, imaxes, e outros elementos, utilizando linguaxes de marcos e editores apropiados, segundo especificacións e condicións de usabilidade dadas, e realizar os procedementos de instalación e verificación destas no servidor correspondente.

A data prevista de inicio do Obradoiro é o 19 de setembro de 2022. As persoas interesadas deberán solicitalo de forma presencial na Oficina de Emprego de Cee (con cita previa) ou a través da web https://emprego.xunta.gal -> Oficina virtual -> Obradoiros de emprego. A data límite para efectuar a solicitude será o 16 de agosto.