CAMPAMENTOS DE VERÁN | Oferta dos campamentos de verán municipais 2020

Os campamentos de verán 2020 terán lugar no mes de xullo (agosto en función da lista de reservas) e estarán dirixidos a nenos/as de 6 a 11 anos (en función do ano de nacemento) tendo preferencia os/as empadroados no Concello de Muros.

Desenvolveranse en dúas quendas de idade, que se realizarán de maneira simultánea nos pavillóns Xosé Lago (Esteiro) e Miraflores (Muros).

O prazo de preinscrición estará aberto dende o 15 de xuño e prolongarase ata o próximo 26 de xuño. O proceso de selección farase mediante un sorteo no caso de superar as prazas ofertadas.

No seguinte enlace podes consultar as bases reguladoras (horarios, quendas, preferencias, medidas…).

Para realizar a preinscrición debes descargar o formulario específico  e presentalo, preferentemente, na sede electrónica do Concello de Muros sede.muros.gal (mediante certificado dixital ou DNIe), de non ser posible tamén se poderá presentar no rexistro xeral situado na casa do Concello.