O 12 de marzo de 2020 a alcaldesa, María Inés Monteagudo Romero, ditou bando no que se facía saber que dadas as circunstancias provocadas polo COVID-19 e de acordo coas recomendacións da Xunta de Galicia se suspendían os mercadiños de luns, martes e venres en todo o municipio.
Vista o Orde SND 458/2020 de 30 de maio para a flexibilización de determinadas restricións do ámbito nacional establecidas tras a declaración do Estado de Alarma en aplicación da Fase 3 do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, onde se establece que se garantirá a limitación da metade dos postos habituais ou autorizados, limitando a afluencia da clientela de maneira que se asegure a distancia social de dous metros e que á hora de determinar os/as comerciantes que poden exercer a súa actividade, o Concello poderá priorizar aqueles que comercializan produtos alimentarios e de primeira necesidade, asegurando que non se manipulen os produtos comercializados por parte dos/as consumidores/as.
Esta Alcaldía, ao amparo do disposto nos artigos 21.1).e) e 84.1.a) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e así como ao disposto no artigo 41 do Real Decreto 2568/1986 de 28 de novembro polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, por medio deste BANDO establece as condicións que, de maneira temporal rexerán a reapertura dos mercados que desenvolven a súa actividade ao aire libre ou de venda non sedentaria na vía pública, comunmente denominados mercadiños, e así FAI SABER o seguinte:
Primeiro.- Levántase a suspensión da celebración dos mercadiños dos luns, martes e venres en todo o concello, nos sitios habituáis de celebración, garantindo a limitación da metade dos postos habituais autorizados e priorizando aqueles que comercializan produtos alimentarios e de primeira necesidade de acordo coas quendas rotatorias establecidas no anexo realizado ao efecto e que permanecerá exposto con este bando aos efectos oportunos e sempre e cando se cumpran as medidas de seguridade e hixiene establecidas de distanciamento social entre postos.
Segundo.- As titularidades dos postos, de acordo co establecido na Orde SND 458/2020 do 30 de maio, deberán sinalar de forma clara e precisa a distancia de seguridade interpersoal de dous metros entre a clientela, con marcas no chan ou mediante o uso de balizas, cartelería ou sinalización para aqueles casos non que non sexa posible a atención individualizada de máis dun/dunha cliente ao mesmo tempo; e deberán pór á disposición do público dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade virucida autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade.
Terceiro.- A Policía Local velará porque se respecten estás condicións e medidas, para protección e beneficio de todos e todas. Garantirase a vixilancia do espazo onde se celebre o mercado, durante o horario de funcionamento, para o cumprimento das normas de distanciamento social, así como para evitar aglomeracións.
Cuarto.- As normas contidas neste bando e as situacións recoñecidas da súa aplicación terán en todo caso una vixencia limitada ao mantemento das restricións por mor da pandemia ocasionada polo COVID-19, sen que cren dereito algún a favor do particular e suxeitas ás modificacións que se puidesen dar en función da evolución da situación e das normas que se vaian aprobando polas distintas administracións.
Cuarto.- Comunicarase á Consellería de Sanidade este bando para os efectos oportunos.
En todo caso prégase a toda a cidadanía que actúen con responsabilidade e prudencia e que sigan en todos os casos as recomendacións das autoridades sanitarias.