| Sábado, 27 de xaneiro de 2024
| 18.00 h
| Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros
| Prezo da entrada: 2,50 €
| Público: Infantil (+ 3 anos)
| RESERVA AS TÚAS ENTRADAS
Unha viaxe emotiva a través da memoria. Da infancia á vellez con “Kyoki”.
“Kyoki” é un espectáculo destinado ao público familiar, dirixido á infancia a partir dos 3 anos. A peza aborda temas profundos como a memoria, a vellez, a demencia, a soidade e a desafiante tarefa de coidar a xente maior e enferma. A través dunha linguaxe xestual e constante interacción co dispositivo escénico, o espectáculo evoca diversas situacións e personaxes universalmente recoñecibles. O termo “Kyoki”, que significa “demencia” en xaponés, refirese á alteración da capacidade para recordar, pensar ou tomar decisións, un tema frecuente na vellez.
A obra ofrece un retrato humorístico e emotivo dun día catastrófico, ao mesmo tempo que rende homenaxe ás persoas maiores enfrontándose ao inexorable declive das súas capacidades vitais. A través desta representación, “Kyoki” busca conectar coa audiencia de todas as idades, recordándonos a humanidade compartida nas experiencias cotiás, tanto na infancia como na vellez.
Autor: María Torres e Gonçalo Guerreiro
Dirección: Gonçalo Guerreiro
Escenografía: Gonçalo Guerreiro
Deseño de son: Manuel Fonte
Deseño de iluminación: Nacho Martín
Vestiario: Carolina Díguele
Música: Manuel Fonte
Elenco artístico:
María Torres
Mario Rodríguez