“TABÚ”, DE TARABELA CREATIVA, O SÁBADO 22 NO CENTRO CULTURAL DE MUROS
Día e hora: sábado 22 de xaneiro, 21:00 h
Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros
Actividade: Teatro – Tarabela creativa – “Tabú”
Programa: Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC
O sábado 22 de xaneiro, ás 21:00 h, chega ao Auditorio do Centro Cultural de Muros a compañía Tarabela Creativa, co seu espectáculo, “Tabú”.
Un espectáculo de narración oral con Carmen Conde, Nastasia Zürcher e Susana Garrido
Tabú é un espectáculo que nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Valmiñor, o Morrazo, o Courel, a Mariña Lucense, a Costa da Morte e o Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de mocidade.
Un show de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, secretismo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e a máis desexada) das mulleres que son cimento da nosa terra, que poden explicar o que somos agora nós: fillas do Tabú.
Esta representación está incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC e as entradas, ao prezo de 3,50 €, xa poden ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo cultura@muros.es ou no formulario creado para este fin: https://forms.gle/tScnMCPrWFs81LgX7
A concelleira de cultura de Muros, Mayka González, anima a tódolos muradáns a gozar coas nosas convidadas, nesta primeira sesión de teatro de adultos de 2022, e aproveita para anunciar a programación teatral deste semestre, que se completa cos espectáculos:
- Día 5 de febreiro, ás 18:00 h, “Pinocchio”, da compañía Ghasafellos.
- 26 de marzo, 21:00 h, “Cigarreiras”, de Contraproducións
- 2 de abril, 18:00 h, “Desconcerto”, de Culturactiva
- 23 de abril, 21:00 h, “Morte accidental dun anarquista”, de Talía teatro
- 30 de abril, 18:00 h, “Aibô”, de Compañía Eléctrica
- 17 de maio, 18:00 h, “Extra!”, de Paco Nogueiras
- 21 de maio, 21:00 h, “A parábola do angazo”, de Talía teatro.