EMPREGO | Anuncio definitivo do proceso selectivo de contratación de 2 peóns/ peoas forestais APROL RURAL 2022

Anuncio definitivo do proceso selectivo de contratación de 2 peóns/ peoas forestais APROL RURAL 2022 financiado pola Xunta de Galicia.


Anuncio da corrección do 2º  e 3º exercicio do proceso selectivo de contratación de 2 peóns/peoas forestais APROL RURAL 2022 financiado pola Xunta de Galicia.


Anuncio da corrección do 1º exercicio e convocatoria do 2º e 3º exercicio do proceso selectivo de contratación de 2 peóns/peoas forestais APROL RURAL 2022 financiado pola Xunta de Galicia.


Por Resolución da Alcaldía núm. 548/2022 de 9 de maio, aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal a xornada completa de dous peóns/as forestais en base á subvención concedida para o fomento do emprego no medio rural (aprol rural), e a elaboración dunha bolsa de traballo en réxime de contratación laboral temporal a tempo completo financiado pola Xunta de Galicia dentro do programa TR351G, e que se transcriben a continuación,

BASES DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL A XORNADA COMPLETA DE DOUS PEÓNS/AS FORESTAIS EN BASE Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA O FOMENTO DO EMPREGO NO MEDIO RURAL, E A ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO EN RÉXIME DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL A TEMPO COMPLETO, FINANCIADO POLA XUNTA DE GALICIA DENTRO DO PROGRAMA TR351G.

Obxecto da convocatoria

Ten por obxecto esta convocatoria, o proceso de selección para a contratación temporal a tempo completo de dous peóns/as forestais mediante contrato de traballo temporal para a mellora da ocupabilidade e inserción laboral a xornada completa. A xornada será de luns a domingo cos descansos que establece a lei. As datas de inicio e de finalización dos contratos serán os establecidos na Resolución da contratación. A data limite para realizar a contratación laboral, segundo a resolución da subvención, é o 15 de xuño de 2022.

Características do posto

Área de subscrición: Medio Ambiente Denominación do posto: peón forestal Prazas: 2
Duración: 9 meses Grupo: V
Grupo de cotización: 9
Soldo: 1.166,70€ por todos os conceptos
Modalidade contractual: Contrato temporal para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral a tempo completo Titulación. Polas funcións a realizar, non se precisa estar en posesión de ningunha titulación
Cometido funcional. As funcións a desenvolver consisten nas tarefas de limpeza forestal e medioambiental. Así mesmo, realizarán aquelas outras tarefas que lle poidan ser encomendadas polos órganos municipais e polo seu superior xerárquico para a satisfacción das necesidades propias do servizo.

Sistema de selección

O sistema de selección será de concurso-oposición, que se valorará de acordo co baremo establecido no punto 8 destas bases.

BASES  PEÓNS/AS FORESTAIS (PDF-240,04 kb )