Prazo: 10 días hábiles dende a publicación destas bases no BOP o 30/04/2024.
ANUNCIO
Por Resolución desta Alcaldía núm. 439/2024 de 22 de abril, aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a elaboración dunha bolsa de emprego para a contratación de persoal laboral temporal de monitor/a de tempo libre (grupo IV) do Concello de Muros e que se transcriben a continuación:
BASES PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE PERSOAL DE MONITOR/A DE TEMPO LIBRE (GRUPO IV) DO CONCELLO DE MUROS
1. OBXECTO DA CONVOCATORIA
É obxecto destas bases a realización dun proceso selectivo, mediante oposición libre, para a creación dunha bolsa de emprego de monitor/a de tempo libre para o desenvolvemento das funcións e tarefas específicas das especialidades profesionais correspondentes.
A bolsa de emprego, que se formará pola relación de persoas aspirantes que superaran este proceso selectivo, destinarase á contratación do persoal que a integre cando sexa preciso cubrir temporalmente algunha praza de monitor/a de tempo libre.
2. CARACTERÍSTICAS DA PRAZA QUE SE CONVOCA
As funcións a desenvolver son as propias do posto, dentro da súa capacitación profesional e legal. Así mesmo, realizará aqueloutras tarefas que lle poidan asignar os órganos municipais competentes ou os seus superiores xerárquicos para a satisfacción das necesidades propias do Concello de Muros. As retribucións están establecidas en 1.323€/brutos mes por todos os conceptos, sen prexuízo das adaptacións retributivas que deriven las leis de orzamentos do Estado. A duración da xornada laboral establecerase segundo as necesidades do servizo.
3. SISTEMA DE SELECCIÓN
Establécese como sistema de selección o de concurso oposición.