Punto Limpo

Punto Limpo

HORARIO

martes, mércores e venres
10.00 - 14.00

sábado
10.00 - 14.00 | 16.00 - 20.00

SITUACIÓN

As Lombas do Pedreiro
Serres - Muros

[Ver mapa]

O Punto Limpo é un recinto situado preto dos núcleos de poboación co obxectivo fundamental de servir á veciñanza como centro de doazón voluntaria, complementando así a recollida selectiva dos residuos producidos no ámbito domiciliario.

Funcións

Neste lugar existen colectores específicos para cada tipo de residuo susceptibles de entrar nos circuítos de reutilización e reciclaxe, e para aqueles que polas súas características deberán ser xestionados segundo a lexislación vixente nesta materia, así pois é un centro onde depositar aqueles residuos que non se recollen polas vías normais.

Desta maneira, separando e depositando nos colectores axeitados os diferentes residuos, podemos reciclalos. E así, todos contribuímos a un medio máis limpo.

Obxectivos

    • O obxectivo fundamental é servir á veciñanza como centro de achega voluntaria para a recollida selectiva dos residuos producidos no ámbito domiciliario.
    • Sensibilizar á cidadanía respecto da separación e recuperación dos residuos.
    • Evitar o vertido incontrolado dos residuos de gran tamaño (electrodomésticos, mobles, colchóns…) que non poden ser eliminados por medio dos servizos convencionais de recollida de lixo.
    • Evitar o vertido de entullos e outros no medio natural, rural e urbano, do termo municipal de Muros.
    • Separar os residuos perigosos que se xeran nos fogares (aceites, pinturas, fluorescentes, radiografías…), cuxa eliminación conxunta co resto do lixo urbano ou mediante o vertido á rede de saneamento supón: risco para os/as operarios/as destes servizos, pode danar as instalacións de tratamento ou eliminación e contribúe á contaminación do ambiente.
    • Aproveitar aqueles materiais contidos nos residuos urbanos que poden ser reciclados directamente, e conseguir con isto un aforro en materiais e en enerxía, así como tratar e/ou eliminar residuos.

Acceso

Podemos depositar residuos no Punto Limpo os martes, mércores e venres de 10.00 a 14.00 h e os sábados de 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h.

Situación

Está situado nas Lombas do Pedreiro, en Serres. A forma máis sinxela de chegar é indo por detrás do Instituto As Insuas.

Residuos admisibles

A) Comúns:

    • Vidro
    • Papel
    • Cartón
    • “Bricks”, latas, envases lixeiros
    • Poda e restos vexetais
    • Restos metálicos do fogar: tixolas, potas… (aluminio, ferro, cobre, bronce, aceiro inoxidable…)
    • Plásticos
    • Plásticos agrícolas
    • Téxtiles: roupa, calzado…

B) Voluminosos:

    • Electrodomésticos sen gas CFC: lavadoras, cociñas, quentadores de auga, aparellos de música….
    • Utensilios, mobles, colchóns, somieres, portas e marcos…
    • Entullos de pequenas obras no fogar

C) Tóxicos e perigosos:

    • Aceites vexetais de cociña e aceites minerais
    • Baterías
    • Disolventes, pinturas e vernices
    • Pilas
    • Sprays / aerosois
    • Radiografías
    • Fluorescentes
    • Electrodomésticos con gas CFC: frigoríficos e conxeladores
    • Televisores e pantallas de ordenadores
    • Cartuchos de fotocopiadora e impresora

Residuos non admisibles

    • Materiais sen clasificar
    • Materia orgánica
    • Residuos infecciosos, clínicos, biosanitarios ou cotilóxicos
    • Residuos radioactivos (pararraios…)
    • Residuos procedentes da actividade comercial ou industrial
    • Residuos procedentes de actividades agrícolas ou gandeiras
    • Residuos xerados por actividades mineiras ou extractivas
    • Produtos procedentes de decomisados.
    • Pneumáticos
    • Medicamentos ou os seus envases
    • Recipientes voluminosos metálicos ou plásticos de aproximadamente 25 l ou superiores que contivesen produtos tóxicos ou perigosos
    • Animais mortos: a pesar de seren considerados como residuo urbano, os animais de compañía mortos réxense especificamente pola normativa existente en materia de subprodutos animais non destinados ao consumo humano (Regulamento (CE) 1774/2002 do Parlamento Europeo e do Consello, do 3 de outubro de 2002, polo que se establecen as normas sanitarias aplicables aos subprodutos animais non destinados ao consumo humano)
    • Calquera outro residuo que non se enumere na lista de recursos admisibles, e que sexa facilmente identificable.

Pedímoslles un pequeno esforzo para que na súa casa se faga unha correcta separación do lixo: papel-cartón (contedor azul), vidro (iglú verde), orgánico (contedor pequeno de tapa verde), inorgánico ou resto (contedor grande de tapa amarela) e pilas (contedor amarelo pequeno).

Asemade, recordarlles que para o servizo de recollida de mobles e aparellos deberase chamar de luns a venres en horario de 11.00 a 13.00 h ao móbil do Complexo Medioambiental do Barbanza (Lousame): 639 107 638