GES - Grupo de Emerxencias Supramunicipal
GES - GRUPO DE EMERXENCIAS SUPRAMUNCIPAL
O Grupo de Emerxencias Supramunicipal é un equipo que conforman 12 profesionais coas funcións principais de ofrecer a atención permanente e profesionalizada nas emerxencias que xorden na comarca de Muros (Muros, Mazaricos, Carnota e Outes) e unha cunha cobertura total as 24 h os 365 días do ano.
Intégrase funcionalmente dentro do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil, no cal tamén coopera a Agrupación de Voluntariado de Protección Civil (Avpc) de Muros.
Vehículos e materiais
- 2 vehículos todoterreo.
- 2 bombas urbanas lixeiras, con capacidade de 2000 l, porta extintores, material de sinalización e balizamento, equipo de excarcelación, escadas, material de rescate e inmovilización, motoserras, lazo para recollida de animais feridos, absorbentes de hidrocarburos e outro material funxible de distinto tipo.
- Bomba rural pesada (motobomba) con capacidade de 4000 l e equipada con mangueiras de distintos diámetros, lanzas, bifurcacións, reducións, xerador de espuma.
- 2 embarcacións neumáticas de 5,80 m de eslora.
- 1 moto acuática con padiola de rescate.
- 1 remolque de emerxencias, equipado con bombas de achique, xeradores de electricidade, iluminación e outros materiais funxibles.
Funcións
- A prevención, vixilancia e rehabilitación do normal desenvolvemento das infraestruturas municipais.
- A intervención en incendios urbanos co obxectivo de prestar unha atención rápida nos primeiros minutos para garantir a integridade física das persoas afectadas e, na medida das súas posibilidades, a dos bens materiais.
- Accidentes de tráfico, excarceracións e rehabilitación e limpeza das vías afectadas por estes.
- Apertura de portas en caso de extrema gravidade e cando así o solicitan as forzas e corpos de seguridade do estado.
- Intervención rápida en incendios forestais ata a chegada dos medios da administración autonómica (SPDCIF), tendo como principal obxectivo a salvagarda e protección das posibles vidas ou dos bens inmobles en perigo.
- Colaboración na elaboración dos plans de emerxencia e autoprotección das dependencias municipais, centro escolar e lugares públicos de grande aforo deste municipio cos conseguintes programas de formación e simulacros necesarios establecidos para garantir o seu perfecto desenvolvemento.
- Actuación en inundacións e anegamentos, inclemencias meteorolóxicas, temporais, caída de árbores e outros acaecementos similares.
- Prevención de inundacións e anegamentos, procedendo á limpeza e mantemento de beiravías, sumidoiros de augas pluviais e similares, en colaboración coas brigadas municipais de Obras e Servizos.
- Identificación e comunicación de animais abandonados, feridos ou mortos.
- Coordinación do Plan SAPRAGA que implica a vixilancia nas praias durante os meses comprendidos entre xuño e setembro.
- Colaboración necesaria coa Garda Civil e Policía Local nos casos nos que esta o solicite.
- Repartición de alimentos dos programas de axuda ás persoas máis desfavorecidas ou outros colectivos ditaminados pola Alcaldía de Muros.