cim cabecera

CIM

Servizos Sociais

CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)

Servizo, que comezou a funcionar no ano 2010, gratuíto, anónimo e confidencial, que o Concello de Muros pon a disposición das mulleres e da poboación en xeral coa finalidade de garantir un asesoramento no ámbito xurídico, psicolóxico e información sobre recursos específicos para mulleres; así como, desenvolve actividades formativas vinculadas á empregabilidade feminina e calquera outra actividade que teña como obxectivo prioritario a promoción da igualdade entre mulleres e homes.

Este servizo está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Persoas destinatarias

A todas as mulleres do Concello de Muros e concellos limítrofes que non teñen o servizo do CIM.

Asesorías

    • Unha asesora xurídica
    • Unha psicóloga
    • Unha dinamizadora

Actividades

Información e asesoramento xurídico:

    • Dereito de Familia (separacións, divorcios, pensións alimenticias, custodias…)
    • Dereito Penal (denuncias, malos tratos, lesións…)
    • Xustiza gratuíta e outros aspectos do dereito civil, administrativo, laboral…

Atención psicolóxica:

    • Apoio e asesoramento en caso de malos tratos, problemas de parella, baixa autoestima, ansiedade, trastornos alimentarios…

Orientación profesional:

    • Formación e orientación laboral

Outras actividades:

    • Campañas específicas para sensibilizar a poboación da situación das mulleres.
    • Formación e charlas de interese para a muller e programas de prevención aos institutos da zona e colexios.
    • Celebracións de determinados días como o Día da muller traballadora, o Día contra o cancro de mama, o Día internacional contra a violencia de xénero, o Día contra o Sida…

A finalidade deste equipo interdisciplinar é abordar os diversos aspectos e poder incidir na resolución de calquera circunstancia persoal, familiar, social, da maneira máis óptima e eficiente posible.