ss_cabecera

SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ

SAT

Servizos Sociais

SAT – SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ
(Agrupación de Concellos de Noia, Lousame, Muros, Outes e Porto do Son)

Cartel SAT

Que é o SAT?

É un Servizo de Atención Temperá de carácter público e gratuito que atende á poboación infantil de 0 a 6  anos, ás súas familias e á súa contorna, que ten por obxectivo atender o máis axiña posible as necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos/as con trastornos no seu desenvolvemento ou con risco de padecelos.

Que ofrece?

  • Diágnose e valoración dos trastornos de desenvolvemento dos/das nenos/as
  • Apoio en todas as areas de desnvolvemento do/a neno/a:
  • Desenvolvemento psicomotor
  • Desenvolvemento cognitivo
  • Desenvolvemento da linguaxe e comunicación
  • Desenvolvemento da autonomía
  • Desenvolvemento da área social e afectiva
  • Apoio, información, habilitación e formación da familia:
  • Terapia psicolóxica individual
  • Grupos de familias.
  • Coordinación coa contorna:
  • Colaboración cos /as profesionais do ámbito social, educativo e sanitario e outros recursos da comunidade

Como se pode acceder ao SAT?

  • Calquera familia residente nos concellos de Noia, Lousame, Muros, Outes ou Porto do Son poderá solicitar información e atención no mesmo.
  • Por derivación pediátrica.

Como contactar co SAT?

  • Chamando ao 981 824 248
  • A través de correo electrónico sat@concellodenoia.gal
  • Acudindo directamente ao Servizo, situado en Frei Lois Rodríguez, no 9, baixo- Noia

Normativa que regula os Servizos de Atención Temperá

Decreto 183/2013 polo que se crea a Rede Galega de Atención Temperá

Protocolo de coordinación, intervención e derivación interinstitucional en Atención Temperá

Para o período do 1 de novembro de 2024 ao 31 de outubro de 2026 a Agrupación de Concellos de Noia, Lousame, Outes, Muros e Porto do Son recibiu unha axuda por importe de 382.294,00€ para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas parcialmente polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027.