Novas

Muros volverá ser a capital da cultura mariñeira coa celebración de “Muros Mira ao Mar”

As XXI Xornadas de Cultura Mariñeira “Muros Mira ao Mar” volverán converter, do 10 ao 12 de xullo, o centro histórico e o porto de Muros nun gran espazo de encontro arredor da cultura mariñeira, cunha programación que combina música, patrimonio, tradición, gastronomía, teatro, artes de rúa e actividades para todos os públicos. Durante tres días, veciñanza e visitantes poderán desfrutar do tradicional Mercado Mariñeiro, navegación en embarcacións tradicionais, visitas guiadas…

Aberto o prazo para solicitar as subvencións deportivas do Concello de Muros no ano 2026

O Concello de Muros vén de convocar as subvencións dirixidas a clubs deportivos e entidades sen ánimo de lucro do municipio para o desenvolvemento da súa actividade deportiva durante o ano 2026. O obxectivo desta liña de axudas é apoiar a participación dos clubs deportivos en competicións oficiais federadas de ámbito local, provincial e autonómico, así como a realización de actividades de fomento da actividade física e do deporte no…

Zendaya e Robert Pattinson protagonizan “El drama”, a próxima estrea no Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros

O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros continuará a súa programación cinematográfica coa proxección de El drama, unha das estreas máis destacadas da tempada, protagonizada por Zendaya e Robert Pattinson. Dirixida e escrita por Kristoffer Borgli, a película presenta unha historia que combina romance, drama e humor arredor dunha parella que se atopa ás portas do matrimonio. Emma e Charlie viven unha relación aparentemente perfecta e están a piques de…

Aberto o prazo para solicitar as bolsas para deportistas do Concello de Muros no ano 2026

O Concello de Muros vén de convocar as bolsas para deportistas do municipio correspondentes ao ano 2026. O obxectivo desta liña de axudas é apoiar a práctica e o rendemento deportivo, contribuíndo ao perfeccionamento técnico dos deportistas e facilitando a súa participación en competicións e eventos deportivos oficiais. Poderán solicitar estas bolsas os deportistas individuais residentes no Concello de Muros que practiquen deportes olímpicos ou disciplinas recoñecidas polo Comité Olímpico…

Aberto o prazo para solicitar as subvencións para actividades culturais no ano 2026

O Concello de Muros vén de convocar as subvencións dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2026. O obxectivo desta liña de axudas é apoiar o desenvolvemento de proxectos e actividades culturais no municipio de Muros promovidos polas entidades asociativas do concello. Poderán solicitar estas subvencións as entidades sen ánimo de lucro legalmente constituídas e rexistradas no Rexistro de Asociacións de…

Aberto o prazo para solicitar as subvencións ás ANPAs para actividades de apoio educativo no ano 2026

O Concello de Muros vén de convocar as subvencións dirixidas ás Asociacións de Nais e Pais de Alumnado (ANPA) dos centros públicos do municipio para a realización de actividades de apoio educativo durante o ano 2026. O obxectivo desta liña de axudas é apoiar o desenvolvemento de proxectos e actividades que contribúan á formación integral do alumnado e favorezan a conciliación da vida familiar e laboral. Poderán solicitar estas subvencións…

O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros celebra o primeiro aniversario da recuperación do cine cunha proxección especial de “Casablanca”

O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros celebrará o primeiro aniversario da recuperación da programación cinematográfica cunha proxección moi especial: Casablanca, unha das películas máis emblemáticas da historia do cine. O filme poderá verse o sábado 13 de xuño ás 20:00 e ás 22:00 horas e o domingo 14 de xuño ás 19:30 horas, nunha fin de semana dedicada a conmemorar un ano de cine estable no auditorio municipal. Dirixida por Michael…

ANUNCIO DA LISTA DEFINITIVA DE PERSOAS SOLICITANTES ADMITIDAS NOS PROGRAMA DE CONCILIA VERÁN 2026

A alcaldía deste concello mediante resolución 513/2026 adoptou os seguintes acordos: PRIMEIRO. Aprobar a lista definitiva de persoas solicitantes admitidas e en reserva no ProgramaConcilia Verán 2026, que figura como Anexo I desta resolución. SEGUNDO. Establecer que as persoas admitidas deberán aceptar a praza e presentar adocumentación requirida no prazo máximo de 2 días naturais desde a publicación da listaxe. Nocaso de non cumprir este prazo, entenderase que renuncian á…

O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros acolle a estrea de “Cada día nace un listo”

O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros acollerá a estrea de “Cada día nace un listo”, a nova longametraxe da directora Arantxa Echevarría, que chega ás salas de cine o 5 de xuño. A película está protagonizada por Hugo Silva e conta cun reparto integrado por Susi Sánchez, Dafne Fernández, Jaime Olías e Ginés García Millán. A historia segue a Toni Lomas, unha antiga estrela televisiva que, tras caer…

ANUNCIO DA LISTA PROVISIONAL DE PERSOAS SOLICITANTES ADMITIDAS NOS PROGRAMA DE CONCILIA VERÁN 2026

O xoves, día 28 de maio de 2026, tivo lugar o sorteo público do Programa Concilia Verán 2026, conforme ao establecido nas bases reguladoras. O resultado do sorteo, así como a lista das solicitudes admitidas e en reserva, recóllese no Anexo I. De acordo co previsto nas bases da convocatoria, establécese un prazo de reclamacións de 2 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio.

Xa dispoñibles as entradas para as próximas funcións da Mostra de Teatro “Xosé Agrelo”

Xa están dispoñibles as entradas para as próximas representacións da Mostra de Teatro “Xosé Agrelo”, que continuará no Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros con dúas novas propostas de teatro afeccionado. O venres 29 de maio ás 20:30 horas representarase Un tranvía chamado desexo, a cargo de Sen Cancelas Teatro, grupo de teatro de Santa Comba. Pola súa banda, tamén poderá reservarse entrada para Fermento Vello, de O Xeito Teatro…

Xa dispoñibles as entradas para “Ensaio xeral sobre a risa” de Aquelando Teatro

Xa están dispoñibles as entradas para a representación de Ensaio xeral sobre a risa, de Aquelando Teatro, que terá lugar o sábado 23 de maio ás 20:30 horas no Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros. As entradas son gratuítas con reserva previa e poden retirarse a través da billeteira electrónica do Concello de Muros ou presencialmente nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros. A obra forma…

As XXI Xornadas de Cultura Mariñeira “Muros Mira ao Mar” xa teñen cartel

O Concello de Muros deu a coñecer o fallo do xurado do concurso de carteis das XXI Xornadas de Cultura Mariñeira “Muros Mira ao Mar”, unha edición na que se destacou especialmente o gran nivel das propostas presentadas. O cartel gañador desta edición foi a obra titulada “Se che gusta a festa e o mar non esquezas vir a Muros Mira ao Mar”, realizada por Noa Fernández Lestón, alumna de 3º curso do…

O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros acolle unha nova fin de semana de cine con “La familia Benetón +2” e “Maracuda”

O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros continúa coa súa programación cinematográfica cunha nova fin de semana de cine pensada para todos os públicos, coa proxección de “La familia Benetón +2” e “Maracuda”. Por unha banda, chegará “La familia Benetón +2”, a nova entrega da comedia familiar protagonizada por Leo Harlem. A película continúa as aventuras da peculiar familia Benetón, que verá como a súa rutina cambia por…

Programa Concilia Verán 2026

Apertura do prazo de preinscrición O Concello de Muros organiza os Campamentos Concilia Verán 2026, dirixidos a nenos e nenas nados entre os anos 2014 e 2022 (ambos incluídos), co obxectivo de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante os meses de xullo e agosto. Preinscrición O prazo de preinscrición estará aberto dende as 8:30 h do luns 11 de maio ata as 14:00 h do venres 22 de maio de 2026,…

Ábrese o prazo de inscrición para os postos externos no Mercado Mariñeiro Tradicional “Muros Mira ao Mar” 2026

O Concello de Muros abre o prazo de inscrición para participar no Mercado Mariñeiro Tradicional “Muros Mira ao Mar” 2026 para aqueles postos externos que non pertenzan ao termo municipal do Concello de Muros. O mercado celebrarase os días 10, 11 e 12 de xullo en distintas rúas e prazas da vila, no marco das XXI Xornadas de Cultura Mariñeira “Muros Mira ao Mar”, recreando o ambiente dun mercado tradicional galego de temática mariñeira….

O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros acolle a proxección do biopic “Michael” sobre Michael Jackson

O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros acollerá a proxección de “Michael”, o biopic que retrata a vida e legado de Michael Jackson, unha das figuras máis relevantes da música a nivel internacional. A película ofrece un percorrido pola traxectoria do artista, desde os seus inicios como membro dos Jackson Five ata a súa consolidación como estrela mundial, amosando tanto a súa evolución artística como aspectos da súa vida persoal. O filme…

«ACTUACIÓNS NO NÚCLEO DE LOURO PARA MINIMIZAR AS PERDAS DE AUGA E MELLORA DA XESTIÓN DIXITAL DO CICLO URBANO DA AUGA»

SUBVENCIÓN EN MATERIA DE AUGAS – AU301E O Concello de Muros vén de rematar as obras para a execución do proxecto denominado «ACTUACIÓNS NO NÚCLEO DE LOURO PARA MINIMIZAR AS PERDAS DE AUGA E MELLORA DA XESTIÓN DIXITAL DO CICLO URBANO DA AUGA», co obxecto de mellorar a eficiencia dos sistemas de abastecemento do Concello de Muros e de axudar a reducir as perdas de auga no abastecemento. Estas melloras…

O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros ofrece unha nova fin de semana de cine con “Calle Málaga” e “Tafiti y sus amigos”

O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros acollerá unha nova fin de semana de cine coa proxección de dúas propostas dirixidas a distintos públicos: “Calle Málaga” e “Tafiti y sus amigos”. Por unha banda, proxectarase “Calle Málaga”, un filme protagonizado por Carmen Maura que narra a historia de María Ángeles, unha muller de 79 anos que vive en Tánxer e que ve como a súa vida cambia coa chegada da súa filla,…