OMIC - OFICINA MUNCIPAL DE INFORMACIÓN AO CONSUMIDOR
OMIC - OFICINA MUNCIPAL DE INFORMACIÓN AO CONSUMIDOR
A Oficina Municipal de Información ao/á consumidor/a é un servizo gratuíto do Concello, que ten coma obxectivo fundamental facilitar información e asesoramento á cidadanía, para garantir e defender os seus dereitos. Pode facer uso da oficina calquera persoa, pertenza ou non ao Concello de Muros.
Funcións da OMIC
- Informa, axuda e orienta aos/ás consumidores/as.
- Recepciona, tramita e media nas reclamacións presentadas.
- Fomenta a educación e formación dos/as consumidores/as.
- Colabora con outras entidades públicas e privadas, tamén dedicadas á protección dos/as consumidores/as.
- Remite reclamacións á Xunta arbitral de consumo.
- En xeral, realiza calquera función que contribúa á protección dos/as consumidores/as.
Persoas destinatarias
Todas as persoas consumidoras; isto é, as persoas físicas ou xurídicas que compren ou utilicen bens, produtos, servizos, actividades ou funcións.
Actividade
Trátanse todos os asuntos relacionados co ámbito do consumo:
- Bens (automóbiles, electrodomésticos, xoguetes, roupa…)
- Subministración (auga, electricidade, gas e teléfono)
- Servizos (seguros, transportes, tintorerías, axencias de viaxe, bares, restaurantes…)
A Omic tamén se encarga de tramitar axudas, bonos, que se poidan aplicar en facturas de diferentes subministracións (Bono Social na factura da luz, teléfono…)
Outras actividades
En colaboración coa Escola Galega de Consumo realízanse campañas de educación dentro do sistema educativo formal e educación non formal, así como nas sedes das diferentes asociacións do concello, charlas, campañas no comercio local, concursos e promoción do mercado municipal…
https://consumo.xunta.gal/es/igcc/documentacion/modelo-hoja-reclamacio