medioambiente_cabecera

Medio Ambiente

Medio ambiente

Concello

MEDIO AMBIENTE

As administracións públicas teñen o deber de ofrecer servizos básicos de medio ambiente tales coma a recollida de lixo, limpeza viaria, servizo de augas… e ademais poden exercer as súas competencias en calquera outro ámbito relacionado coa súa protección.

A Concellaría de Medio Ambiente encárgase fundamentalmente dos servizos:

  • Mantemento e conservación de espazos verdes, parques e xardíns.
  • Limpeza viaria e control do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos.
  • Protección e conservación do medio.

Brigada de medio ambiente

    • Traballos de xardinería.
    • Mantemento de parques, xardíns e zonas verdes.
    • Roce de pistas e limpeza de vías de titularidade municipal
    • Podas e talas de árbores.
    • Limpeza viaria: rúas, parques, prazas e outros lugares públicos.
    • Limpeza de praias e o seu contorno.
    • Mantemento de dependencias municipais e mobiliario urbano.
    • Arranxo de atascos na rede de saneamento.
    • Control e limpeza de vertidos incontrolados.
    • Limpeza de cunetas e faixas de protección de incendios.

Axencia local de sostibilidade

    • Organización, coordinación, deseño e realización de actividades de educación ambiental de todo tipo.
    • Realización de actividades de sensibilización e educación sobre sostibilidade.
    • Coordinación da exhibición de exposicións de temática ambiental e realización de actividades.
    • Difusión de material divulgativo con temática ambiental (aforro, boas prácticas, medio natural…)
    • Deseño e realización de visitas guiadas de temática ambiental pola zona Rede Natura 2000 que hai o concello (ZEC Monte e Lagoa de Louro).
    • Deseño e realización de visitas guiadas de temática ambiental por distintos lugares do municipio: A Salina (Esteiro), Tal, Miraflores (Muros)…
    • Coordinación de actividades dirixidas ao desenvolvemento da Axenda 21 Local.
    • Coordinación de proxectos ambientais.
    • Solicitude de subvencións para o Concello relacionadas coa temática ambiental.
    • Asesoramento na solicitude de subvención relacionadas coa temática ambiental.
    • Asesoramento na realización de proxectos de temática ambiental e desenvolvemento sostible.
    • Atención á cidadanía e visitantes para dar información sobre as distintas actividades de educación ambiental: Bandeira Azul, charlas, obradoiros, visitas guiadas, exposicións, residuos…
    • Atención a consultas da cidadanía en materia ambiental.
    • Solicitude de galardóns Bandeira Azul, Bandeira Verde…
    • Deseño e coordinación de actividades relacionadas coa difusión de Bandeira Azul (Campaña Bandeira Azul, realización de dípticos informativos, enquisas…)
  •