esmu_cabecera

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA (ESMU)

ESMU

HORARIO

De luns a venres
15.30 a 22.00

martes e mércores
10:00 - 14:00

Cultura

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA (ESMU)

A Escola Municipal de Música de Muros fúndase no curso 1999/2000 froito do interese e empeño da poboación por que a veciñanza de Muros en xeral, e os nenos e nenas en particular, puidesen acceder á aprendizaxe musical. (Inscrita e autorizada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Orde do 9 de abril de 2007).

A ESMU está situada no edificio San Xosé, conta de 4 aulas individuais, unha sala de profesorado e unha oficina.

Materias que se imparten

  • Piano
  • Saxofón
  • Frauta Traveseira
  • Frauta de Pico
  • Gaita
  • Pandeireta
  • Música Tradicional
  • Harmonía
  • Guitarra Clásica
  • Baixo Eléctrico
  • Guitarra Eléctrica
  • Batería
  • Congas
  • Linguaxe Musical
  • Música Activa
  • Iniciación
  • Canto
  • Orquestra Orff
  • Coro
  • Combos

Alumnado

A partir dos 4 anos. A matrícula tamén está aberta a persoas procedentes doutros concellos, sempre que haxa prazas vacantes.

Profesorado

Levamos anos contando co mesmo elenco de mestres e mestras, que conforman un grande equipo, para dar resposta ás demandas formativas do alumnado:


    • José Luís Gil, mestre de Iniciación Musical, Orquestra Orff e Guitarra Clásica.
    • Fernando Docampo, mestre de violín e Linguaxe Musical.
    • Carlos González, mestre de Percusión e Batería, Combos e Música Moderna.
    • Ramón Domínguez, mestre de Gaita, Percusión Tradicional, Vento.
    • Rafael Fernández, mestre de Guitarra Eléctrica, Baixo Eléctrico, Combos e Música Moderna.
    • Esperanza Mara Filgueira, mestra de Canto e Coro.
    • César Acuña, mestre de Linguaxe Musical e Piano, e director da ESMU.
XUNTA-EDUCACION-positivo
Deputación da Coruna