O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros acolle unha nova fin de semana de cine con “Cumbres borrascosas” e “Super Mario Galaxy: La Película”

O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros acollerá unha nova fin de semana de cine coa proxección de dúas propostas para diferentes públicos: “Cumbres borrascosas” e “Super Mario Galaxy: La Película”.

Por unha banda, proxectarase “Cumbres borrascosas”, a nova adaptación cinematográfica do clásico da literatura de Emily Brontë, dirixida por Emerald Fennell. A película ofrece unha intensa historia de amor e vinganza ambientada nos páramos ingleses, centrada na relación entre Heathcliff e Catherine, marcada polas paixóns extremas e os conflitos sociais.

As sesións terán lugar o venres 17 e o sábado 18 de abril ás 20.30 horas, así como o domingo 19 de abril ás 19.00 horas.

Por outra banda, o público familiar poderá gozar de “Super Mario Galaxy: La Película”, unha nova aventura de animación protagonizada por Mario, Luigi e a princesa Peach, que nesta ocasión viaxan a través da galaxia para enfrontarse a novos desafíos nunha historia chea de acción, humor e entretemento.

Esta película proxectarase o sábado 18 de abril ás 18.00 horas e o domingo 19 de abril ás 17.00 horas.

A concelleira de Cultura do Concello de Muros, Caridad González, destacou a importancia de ofrecer unha programación variada: “Seguimos apostando por unha oferta cinematográfica diversa, que combina grandes clásicos reinterpretados co cine familiar máis actual, para chegar a todos os públicos e manter unha programación estable durante todo o ano”.

As entradas están dispoñibles na billeteira electrónica do Concello de Muros e nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros.

Con esta proposta, o Concello de Muros continúa reforzando a programación cultural do auditorio, consolidándoo como un espazo de referencia para o cinema e as artes escénicas no municipio.


O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros ofrece unha fin de semana con dobre proposta teatral

O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros acollerá esta fin de semana unha dobre cita co teatro, cunha programación que combina estilos e linguaxes escénicas diferentes para ofrecer unha proposta cultural variada ao público.

A programación comezará o venres 10 de abril ás 20.30 horas coa actuación de Quico Cadaval, que presentará o seu espectáculo “30 anos a contar historias. Notas de rodapé”. Trátase dunha proposta que mestura narración oral, teatro e literatura en vivo, nun formato próximo e participativo no que o público xoga un papel fundamental na construción das historias.

Ao día seguinte, o sábado 11 de abril ás 20.30 horas, será a quenda de “Absurdia”, da compañía Dani Blanco, unha proposta de teatro contemporáneo que leva ao espectador nun universo simbólico e inquietante. A obra, de carácter existencialista, combina humor, surrealismo e improvisación para reflexionar sobre o absurdo da condición humana.

A concelleira de Cultura do Concello de Muros, Caridad González, destacou a importancia de ofrecer unha programación variada: “Esta fin de semana propoñemos dúas formas moi diferentes de achegarse ao teatro, desde a palabra e a narración oral ata o teatro contemporáneo máis experimental. Seguimos apostando por unha programación diversa que permita ao público descubrir novas propostas escénicas e gozar da cultura no noso auditorio”.

Con esta programación, o Concello de Muros continúa apostando por ofrecer unha oferta cultural diversa e de calidade, consolidando o Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil como un espazo de referencia para as artes escénicas.

As entradas están dispoñibles na billeteira electrónica do Concello de Muros e nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil.


Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo | 2026

PROGRAMA CAMIÑOS DE COÑECEMENTO E EXPERIENCIA.

O obxectivo principal deste programa é: Favorecer a democratización do coñecemento; potenciando e difundido o coñecemento científico e artístico a toda a poboación maior de 50 anos das Comarcas colaboradoras no proxecto. Para elo utilizamos accións específicas que se concretan en varios obxectivos específicos que a continuación detallamos:

  • Revalorizar e profundar no valor do noso patrimonio
  • Concienciar, ensinar e aprender da presenza da ciencia no día a día das nosas vidas.
  • Recoñecer o valor das disciplinas artísticas nas nosas emocións e vivencias.
  • Adaptar e coñecer as competencias sociosanitarias dos principios de envellecemento activo.
  • Acadar unha mellora da calidade de vida, do benestar e da participación a través do exercicio intelectual que require este tipo de formación.

INSCRICIÓN
As persoas interesadas en sumarse a esta proposta formativa universitaria poden xa realizar a súa inscrición telemática no seguinte enlace: https://forms.office.com/e/LWZXQhv9de

PROGRAMA | Folleto

27/04/2026 | 16:30 – 18:00h
O Museo: historia, patrimonio e comunidade
Dona Mónica Rey Cabezudo (Colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV CICLO) e Dona Dolores Barral Ribadulla, Profesora da Facultade de Xeografía e Historia e docente do Programa Universitario de Maiores, IV CICLO

28/04/2026 | 16:30 – 18:00h
O Museo: historia, patrimonio e comunidade

Dona Mónica Rey Cabezudo (Colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV CICLO) e Dona Dolores Barral Ribadulla, Profesora da Facultade de Xeografía e Historia e docente do Programa Universitario de Maiores, IV CICLO

29/04/2026 | 16:30 – 18:00h
A (des)igualdade de xénero a debate

Dona Patricia Alonso Ruido profesora da Facultade de Ciencias da Educación e colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV CICLO da USC

30/04/2026 | 16:30 – 18:00h
A (des)igualdade de xénero a debate

Dona Patricia Alonso Ruido profesora da Facultade de Ciencias da Educación e colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV CICLO da USC

08/05/2026 | 16:30 – 19:00h
Creación e participación en espazos dixitais: ferramentas e comunidades

Dna. Stefany Sanabria Fernandes, Investigadora da Facultade de Ciencias da Educación e docente colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo

Lugar de celebración:
Oficinas de Servizos Sociais
R/ Rosalía de Castro s/n · Teléfono: 981 762 465


O Concello de Muros abre o prazo de inscrición para o Mercado Mariñeiro de “Muros Mira ao Mar” 2026

O Concello de Muros vén de abrir o prazo de solicitude para participar no Mercado Mariñeiro Tradicional das XXI Xornadas de Cultura Mariñeira “Muros Mira ao Mar”, que se celebrarán os días 10, 11 e 12 de xullo de 2026.

Este mercado constitúe un dos eixos principais da programación, coa finalidade de recrear o ambiente dun mercado mariñeiro tradicional, poñendo en valor a cultura marítima local e contribuíndo á dinamización social, cultural e económica do municipio.

Poderán participar establecementos locais, asociacións e entidades do Concello de Muros, que deberán presentar as súas solicitudes entre o 6 e o 20 de abril, a través do rexistro municipal ou da sede electrónica, conforme ás bases reguladoras publicadas.

Bases para autónomos e empresas (só comercio local):

Bases participación comercio local

Anexo comercio local

Bases para asociacións, clubs e entidades municipais:

Bases asociacións e entidades

Anexo asociacións e entidades

A iniciativa busca implicar ao tecido social e económico do municipio nun evento que cada ano reúne a numeroso público e que se consolida como unha das citas culturais máis destacadas do calendario local.

Dende o Concello anímase á participación nesta proposta, que contribúe a poñer en valor a identidade mariñeira de Muros e a fortalecer a actividade cultural e económica da vila durante a celebración das xornadas.


ENTRADAS Á VENDA PARA OS ESPECTÁCULOS DE ARTES ESCÉNICAS QUE TERÁN LUGAR NO AUDITORIO DO CENTRO CULTURAL E XUVENIL DE MUROS

Xa están á venda as entradas para a programación de artes escénicas do mes de abril no Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros, cunha proposta variada que combina narración oral, teatro contemporáneo e circo.

Abrirá a programación o venres 10 de abril ás 20:30 h, Quico Cadaval con “30 anos a contar historias. Notas de rodapé”, un espectáculo de narración oral cheo de humor e participación.

O sábado 11 de abril ás 20:30 h será a quenda de “Absurdia”, da compañía Dani Blanco, unha proposta de teatro contemporáneo cunha posta en escena intensa e simbólica.

E o sábado 25 de abril ás 18:00 h, celebraremos o “Día do Circo” con Pistacatro Produtora de Soños, un espectáculo para todos os públicos que percorre a historia do circo.

Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros

Entradas dispoñibles na billeteira electrónica do Concello de Muros e nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros


Queres participar como concursante ou público no Grand Prix?

Se cumpres os requisitos fixados desde o programa, podes cubrir o formulario e entregalo vía rexistro (presencial ou online)

Muros é un dos doce concellos de toda España que competirá nun dos programas con máis audiencia en Televisión Española cada verán!

Se non podes imprimir o formulario, podes recollelo no concello, a casa da cultura ou a piscina municipal.

O prazo para entregar os formularios remata o 10 de abril!

Animádevos! Muros no Grand Prix!


O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros acolle a proxección de “San Simón” con coloquio co seu director

O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros acollerá o vindeiro mércores 25 de marzo ás 20.00 horas a proxección da película “San Simón”, un filme que afonda na memoria histórica da illa galega durante a represión franquista.

Ambientada en 1936, a película amosa como a illa de San Simón foi convertida nun campo de concentración. A través da figura de Lamas, reconstrúe a memoria das persoas que sufriron a represión neste enclave, combinando actores profesionais coa participación de familiares reais das vítimas.

“San Simón” supón a estrea na longametraxe do director Miguel Ángel Delgado, que recupera este episodio da memoria colectiva cunha proposta cinematográfica de gran carga emocional e rigor histórico. A sesión contará coa presenza do propio director, que participará nun coloquio co público ao remate da proxección, ofrecendo unha oportunidade para afondar no contexto e no proceso creativo do filme.

A concelleira de Cultura do Concello de Muros, Caridad González, destacou a importancia de continuar dinamizando este espazo cultural: “Seguimos dotando de contido e actividade ao auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros cunha programación variada e de calidade, que achega propostas culturais á veciñanza e converte este espazo nun punto de encontro arredor do cine e da cultura”.

proxección será de entrada gratuíta ata completar aforo, dentro da programación cultural impulsada pola Concellería de Cultura.


Publicase a lista de persoas solicitantes do programa Concilia Primavera

ANUNCIO

Vistas as bases reguladoras do programa Concilia Primavera organizado polo Concello de Muros e, unha vez rematado o prazo de inscrición, conforme ao establecido no artigo 3 destas bases sobre a adxudicación de prazas,

Considerando que:

  • A adxudicación das prazas pode ser directa no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.
  • Non se superaron as prazas ofertadas en ningún dos lugares establecidos.

Publicase a lista de persoas solicitantes admitidas no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Muros e na páxina web, www.muros.gal, tal e como se recolle no Anexo I.


O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros acolle esta fin de semana as proxeccións de “Torrente Presidente” e “Polloliebre y la marmota secreta”

O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros continuará a próxima fin de semana coa súa programación cinematográfica coa proxección de dúas películas pensadas para distintos públicos: a comedia “Torrente Presidente” e a cinta de animación “Polloliebre y la marmota secreta”.

Por unha banda, chegará á pantalla “Torrente Presidente”, a nova e disparatada aventura do popular personaxe creado por Santiago Segura. Nesta ocasión, José Luis Torrente, sempre convencido de ser un heroe nacional a pesar da súa ineptitude, é persuadido para entrar no mundo da política. Co seu estilo vulgar, demagóxico e cheo de ocorrencias, acabará converténdose no líder dun partido populista nunha historia cargada de humor e situacións absurdas.

As proxeccións desta comedia terán lugar o venres 20 de marzo ás 20.30 horas, o sábado 21 de marzo tamén ás 20.30 horas e o domingo 22 de marzo ás 19.00 horas.

A programación complétase coa película de animación “Polloliebre y la marmota secreta”, unha proposta especialmente dirixida ao público familiar. A historia segue as aventuras de Polloliebre, un heroe metade polo e metade lebre, que xunto aos seus amigos se verá envolto nunha misión para descubrir un segredo do pasado que os levará á procura dunha misteriosa marmota capaz de modificar o tempo. Ao longo da súa viaxe deberán afrontar múltiples perigos e descubrirán que non son os únicos interesados no poder da marmota.

Esta película proxectarase o sábado 21 de marzo ás 17.00 horas e o domingo 22 de marzo tamén ás 17.00 horas.

A concelleira de Cultura do Concello de Muros, Caridad González, destacou a importancia de manter unha programación cultural continuada no auditorio: “Seguimos achegando propostas actuais e pensadas para diferentes públicos co obxectivo de manter unha oferta cultural estable. Queremos que o auditorio do Centro Cultural e Xuvenil sexa un espazo vivo, con actividades todas as fins de semana e cunha programación variada que permita á veciñanza gozar do cine e da cultura sen saír do concello”.

As entradas poden adquirirse na billeteira electrónica do Concello de Muros e nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros.


Xa á venda as entradas para “Galerock & Magic” do Mago Teto en Muros

Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros acollerá o vindeiro sábado, 28 de marzo ás 18:00 horas o espectáculo “Galerock & Magic”, unha proposta do Mago Teto que combina música, humor e maxia nunha viaxe pola historia da música galega.

Neste espectáculo, o público poderá gozar dun percorrido que vai desde o rock do Xabarín Club, que marcou a toda unha xeración, ata os grupos actuais que están levando de novo a música galega ao máis alto. Unha viaxe que pasa tamén polo rock galego dos anos 80 e 90, con referencias a bandas como Siniestro Total ou Los Suaves, e polo movemento bravú, ata chegar ás novas sonoridades do século XXI.

As entradas xa están á venda e poden adquirirse na billeteira electrónica do Concello de Muros e nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros.