Xa á venda as entradas para “Galerock & Magic” do Mago Teto en Muros

Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros acollerá o vindeiro sábado, 28 de marzo ás 18:00 horas o espectáculo “Galerock & Magic”, unha proposta do Mago Teto que combina música, humor e maxia nunha viaxe pola historia da música galega.

Neste espectáculo, o público poderá gozar dun percorrido que vai desde o rock do Xabarín Club, que marcou a toda unha xeración, ata os grupos actuais que están levando de novo a música galega ao máis alto. Unha viaxe que pasa tamén polo rock galego dos anos 80 e 90, con referencias a bandas como Siniestro Total ou Los Suaves, e polo movemento bravú, ata chegar ás novas sonoridades do século XXI.

As entradas xa están á venda e poden adquirirse na billeteira electrónica do Concello de Muros e nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros.