O concello de Muros segue coa intensa programación teatral deste mes de outubro, no Centro Cultural e Xuvenil de Muros, co espectáculo, “Feminíssimas”, da compañía De Ste Xeito, coincidindo coa efeméride da Muller Rural.
Día e hora: sábado 23 de outubro, ás 21:00 horas.
Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros
Actividade: Teatro – De Ste Xeito – “Feminíssimas”
Prezo da entrada: 3,50 euros
Programa: Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC.
Obra de teatro cómico.
Creación colectiva coa amizade como fondo e o feminismo como forma.
Un Congreso Feminista na cidade de Vigo.
Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven.
Tres amigas que teñen tres maneiras distintas de entender o “feminismo”…: feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer.
Este é o punto de partida desta creación de Esther F: Carrodeguas, Noelia Blanco, Stephy Llaryora e Xavier Castiñeira. Unha peza teatral con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba e mentres analizamos -dende a comedia- de que maneira as mulleres estamos a con-vivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas. Unha maneira –tamén– de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incongurencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria. Un espazo para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía.
En resumo: unha comedia negra… violeta.
A concelleira de cultura de Muros, Mayka González, anima a toda a veciñanza a gozar deste magnífico espectáculo que nos axuda a reflexionar sobre a amizade, a muller, as diferentes feminidades e as nosas posturas fronte á vida.
RESERVAS:
As entradas ten que ser reservadas previamente, ben nas oficinas do centro cultural de Muros, no teléfono 981 762 294, de luns a venres, de 8.30 a 15.00 h, por correo electrónico no seguinte enderezo: cultura@muros.es, ou a través do seguinte formulario: http://ow.ly/cbSx50GsZ0C