TEATRO | PRODUCIÓNS TEATRAIS EXCÉNTRICAS “O AUTO DO CASTROMIL”

? Sábado, 26 de outubro ás 20:30 h
? Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros
? Prezo: 3,50 €
? Público: Adulto
⏳ Duración: 90 min
? Reservas: https://forms.gle/vDhgzQSmpibdZVz66

ℹ️ Tamén podes reservar e comprar as entradas nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros en horario de 8.00 a 15.00 h.

A concelleira de Cultura, Caridad González, destaca que: “Estamos moi satisfeitos cos bos resultados de asistencia neste comezo de semestre no auditorio. A programación que presentamos busca achegar espectáculos de calidade á nosa veciñanza, e “O auto do Castromil” é un exemplo máis desta aposta por traer compañías referentes como Mofa e Befa. Este espectáculo ven de gañar dous premios María Casares, dirección e vestiario, neste ano 2024. Animo a non perder esta oportunidade e gozar dunha comedia única.”

? Sobre “O auto do Castromil”:

Unha viaxe onírica a bordo dun coche de liña, onde as maletas cobran vida e narran a historia fascinada de Galicia. A través de autos populares e farsas, a obra aborda os esforzos dun pobo por loitar e rebelarse unha e outra vez, con humor e espírito festivo como principais armas. A montaxe, dirixida por Excéntricas, conta cun elenco excepcional: Patricia Vázquez, Rocío González, Víctor Mosqueira e Marcos Orsi.