TEATRO | “Os Fabulosos Cleaners” de Malasombra Producións

📅 Sábado, 22 de marzo
⏰ 18:00 h

🏟 Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros
🎟 Prezo: 2,50 €
👀 Público recomendado: +3 anos (PI)
⏳ Duración: 60 min
🎭 Clasificación: Outros

Reservas: https://forms.gle/RGdYaDmsFE5w61Gp7

✨ Sobre “Os Fabulosos Cleaners”
Un espectáculo de pompas de xabón pensado para todos os públicos. Unha experiencia visual extraordinaria, ideal para gozar en familia. Dirixido por Luís Beviá, creador que percorreu o mundo enteiro co seu universo xabonoso (Londres, Hong-Kong, México, Colombia, Perú, Cuba, Grecia ou Islandia).

A historia segue a dous operarios de limpeza dun teatro que, por casualidade, descobren as infinitas posibilidades das súas ferramentas de traballo combinadas con auga e xabón. A partir dese momento, embarcaranse nunha viaxe chea de cor, humor e fantasía, con pompas de xabón de todas as formas e tamaños, enchendo o escenario de maxia.

💬 A concelleira de Cultura, Caridad González, destaca:
“Este espectáculo será unha oportunidade única para que as familias do noso concello gocen xuntas dun espectáculo que nos transportará a un universo máxico a través das pompas de xabón. Estamos encantadas de seguir traendo propostas diferentes e de gran calidade ao noso concello.”