TEATRO | O sábado 14 estrea de Aquelando Teatro na XIV Mostra de Teatro Xosé Agrelo De Muros

Despois da exitosa presentación dos espectáculos “XACOVEDRA”, de ANDARAVÍA TEATRO, e “ÁM@TE”, da A.C. O XEITO de Esteiro na “XIV MOSTRA DE TEATRO XOSÉ AGRELO” de Muros; neste fin de semana chega a agardada estrea do grupo local AQUELANDO TEATRO, que nesta ocasión representa “Unha Petición de Man e unha Voda”. Na vindeira semana chegará o programa máis denso, o martes, 17, O espectáculo infantil “Extra!”, o xoves “O segredo do anel” o venres a presentación da última publicación de Henrique Monteagudo e a representación de “Escola de Vaqueiras” e o sábado “A Parábola do Angazo”.

Sábado, 14 de maio, 21:00 h. | Centro Cultural e Xuvenil de Muros
AQUELANDO TEATRO, de Muros, presenta “Unha Petición de Man e unha Voda”

Reparto: Juana Caamaño Lago, Carmen Torea Rama, Silvia Blanco Lojo, Ana María Fernández Martínez, Jesús Manuel Sendón Rebollido, Lucía Rodríguez Peña, Pepa Caamaño García, Gabriel Sestayo Lago, Dora Formoso Figueiras, Maruxa Mayo Priegue, Belén Vidal Piñeiro, Bernardino Fernández Lloréns, Lola Barreiros Lestón, Juana Caamaño Lago e, por partida doble, Lita Cantariño Cubelo,

Textos adaptados de Antón Chejov e Roberto Vidal Bolaño

Dirección e adaptación dos textos: Lucho Penabade.

Un grupo de persoas vense atrapadas nunha situación tristemente inaudita. Tod@s comparten unha grande afección polo teatro, o que lles permite representar historias reais e imaxinarias para resistir…

Martes, 17 de maio, 18:00 h. | Praza do Mercado de Muros, (en caso de chuvia trasladaríase ao Centro Cultural)
PACO NOGUEIRAS, representará “EXTRA!”

EXTRA! é un espectáculo baseado no libro-cd “Extra!” editado por Kalandraka Editora, na que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos.

Extra! Xa está aquí, é o teu xornal.
As novas máis curiosas, sucesos especiais.
Os temas máis diversos podes coñecer,
os feitos máis recentes. Non os debes perder!

Chega o “xornal musical” que Paco Nogueiras ideou para compartir con todas e todos vós. En EXTRA! os temas dispóñense en distintas seccións onde cada composición aborda noticias nacionais e internacionais, sucesos, información social, cultural e divulgativa, deportes, opinión, pasatempos e ata unha axenda de actividades.

EXTRA! convídate a conectar co mundo e transformar a realidade en canción. Quen dixo que non se poden cantar as noticias? E bailalas? En EXTRA! pódese. E cantos máis sexamos, moito mellor. Melodías e ritmos modernos, pegadizos e bailables que convidan á participación do público. EXTRA! é alegría, diversión , imaxinación e información.

EXTRA! EXTRAAAA!!!Se escoitas este berro é o momento de encher ben os pulmóns de aire e berrar con él EXTRA, EXTRAAAAA!!!.

A concelleira de cultura de Muros, Mayka González, manifesta a súa satisfacción por como vai transcorrendo a Mostra e anima a toda a veciñanza a reservar as súas entradas no centro cultural de Muros, Entradas que son de balde e cada semana póñense a disposición do público as da mesma semana, coa única excepción da do martes 17, que xa se pode reservar dende esta semana. O programa continúa na vindeira semana coas seguintes propostas:

Xoves 19 de maio, 12:00 h.- GRUPO DE TEATRO DO CENTRO OCUPACIONAL DE VALADARES “O segredo do anel”

Venres 20 de maio, 20:00 h.- Presentación libro MONTEAGUDO ROMERO, Henrique “O idoima galego baixo o franquismo. Da resistencia á normalización”

Venres 20 de maio, 21:00 h.- METÁTASE TEATRO, de Palas de Rei, “Escola de Vaqueiras”

Sábado 21 de maio, 21:00 h.- TALÍA TEATRO “A parábola do Angazo”.