TEATRO | O espectáculo “TABÚ”, adiado, o sábado 12 no Centro Cultural de Muros

Día e hora: sábado 12 de febreiro, 21:00 h
Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros
Actividade: Teatro – Tarabela creativa – “Tabú”
Programa: Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC

O sábado 12 de febreiro, ás 21:00 h, chega ao Auditorio do Centro Cultural de Muros a compañía Tarabela Creativa, co seu espectáculo, “Tabú”, previsto para o día 22 de xaneiro, e que tivo que ser adiado por motivos de saúde.

Tabú é un espectáculo de narración oral con Carmen Conde, Nastasia Zürcher e Susana Garrido. Nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Valmiñor, o Morrazo, o Courel, a Mariña Lucense, a Costa da Morte e o Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de mocidade.

Un show de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, secretismo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e a máis desexada) das mulleres que son cimento da nosa terra, que poden explicar o que somos agora nós: fillas do Tabú.

Esta representación está incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC e as entradas, ao prezo de 3,50 €, xa poden ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo cultura@muros.es ou no formulario creado para este fin.