📅 Sábado, 8 de marzo
⏰ 20:30 h
🏟 Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros
🎟 Prezo: 3,50 €
👀 Público recomendado: +16 anos (PA)
⏳ Duración: 70 min
🎭 Clasificación: Contemporáneo
🎫 Reserva de entradas: https://forms.gle/QLVzhKsRTUP1GmAU6
✨ Sobre “O dragón de ouro”
Nun edificio de varios pisos, nalgún lugar de Europa, as vidas de diferentes personaxes entrelázanse: un mozo chinés sen permiso de residencia, un ancián nostálxico, unha neta embarazada, un home recentemente abandonado, un tendeiro misterioso e dúas azafatas que xantan no restaurante “O dragón de ouro”. Entre o real e o simbólico, a obra explora a desesperación, a identidade e a loita pola supervivencia.
🏆 Récord nos XXIX Premios María Casares
“O Dragón de Ouro” acaba de converterse na peza con maior número de nominacións nos XXIX Premios de Teatro María Casares, con 14 candidaturas, incluíndo “Mellor Espectáculo”. A concelleira de Cultura, Caridad González, destaca:
“É unha honra para o noso concello contar cunha das mellores pezas da actualidade. “O Dragón de Ouro” non só destaca pola súa proposta innovadora, senón tamén polo impacto que está a ter no panorama teatral galego.”
