“Un deus salvaxe”
Talía Teatro, 70’, +13 anos
Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros | 4 €
Sábado, 25 de outubro 20:30 h
Entradas: https://kinetike.com:83/views/sesionesFuturas.aspx?idPelicula=1111&cine=MUROS
O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros acollerá o próximo sábado 25 de outubro ás 20:30 h a representación da obra “Un deus salvaxe”, da compañía Talía Teatro, unha das producións máis aclamadas do teatro galego recente.
A peza, dirixida por Artur Trillo, está baseada no texto da dramaturga francesa Yasmina Reza, autora tamén da popular comedia Arte. “Un deus salvaxe” parte dunha situación aparentemente trivial: dous matrimonios, adultos e civilizados, reúnense para resolver unha pelexa entre os seus fillos. O que comeza como un encontro cordial pronto se transforma nun divertido e feroz retrato das relacións humanas, da hipocrisía social e do exceso de corrección política.
O elenco está formado por María Ordóñez, Dani Trillo, Marta Lado e Toño Casais, que dan vida a uns personaxes en permanente tensión entre o razoamento e o instinto. A versión cinematográfica da obra, dirixida por Roman Polanski en 2011, foi tamén un éxito internacional e mantén a esencia corrosiva e cómica do texto orixinal.
A concelleira de Cultura, Caridad González, destaca que “con Un deus salvaxe seguimos apostando por un teatro contemporáneo, próximo e de calidade, que combina humor e reflexión e que pon o foco nas emocións e nos conflitos humanos”.
