MUROS CELEBRA O DÍA DA MÚSICA CON DOUS ESPECTÁCULOS DE TEATRO MUSICAL “PAPAGENA”, PARA PÚBLICO ADULTO, O SÁBADO 12 DE NOVEMBRO, E “DIVERTIMENTOS”, PARA PÚBLICO FAMILIAR
Día e hora: sábado 12 de novembro, 21:00 h
Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros
Actividade: Ópera – ButacaZero – “Papagena”
Programa: Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC
O sábado 12 de novembro, ás 21:00 h, chega ao Auditorio do Centro Cultural de Muros o espectáculo, “Papagena”, unha ópera contemporánea de Iago Hermo
Papagena é unha ópera electrónica nacida a partir da figura da personaxe homónima daFrauta Máxica de Wolfgang Amadeus Mozart. Unha produción para analizar e re-escribir esta personaxe dende unha mirada actual e en base a dun dos maiores procesos de avance político-social dos últimos tempos: a loita contra o sexismo.
Unha soprano (Esperanza Mara), un barítono (Jacobo Rubianes Castelo), e un músico en escena (o propio compositor da ópera, Iago Hermo) serán os piares desta peza deseñada para chegar tanto aos grandes teatros como a aqueles espazos e vilas onde a ópera, quizais, nunca chegou.
E por suposto, en galego.
O elenco está formado pola SOPRANO, Esperanza Mara (Papagena), o BARÍTONO, Jacobo Rubianes Castelo (Papageno) e Iago Hermo, ao que corresponde ademais a música, libreto e dirección musical; a dirección artística corre a cargo de Castiñeira & Carrodeguas
ButacaZero é a plataforma creativa de Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira, que propón un teatro que dialoga directamente co mundo actual: un teatro necesario. A investigación e a reflexión dende un ollar crítico e irónico son as claves que definen as suas propostas que se concretan en dramaturxias feitas á medida nas que a tradición teatral se mestura coas posibilidades que ofrece a linguaxe audiovisual en escena. Sempre ofertando propostas diferentes e reflexivas que teñen como unha das súas máximas entreter ao mesmo tempo
Esta representación está incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC e as entradas, ao prezo de 3,50 €, xa poden ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo cultura@muros.es ou no formulario creado para este fin.
A concelleira de cultura de Muros, Mayka González, declara que durante a semana do 12 ao 19 de novembro o goberno municipal quixo favorecer a celebración do día da música coa programación de dous espectáculos de teatro musical, este sábado, día 12, a ópera Papagena para público adulto e o sábado 19 “Divertimentos”, un espectáculo para público familiar que combina a música co novo circo; e anima a tódolos muradáns a participar nesta celebración, segura de que gozarán con ámbalas dúas propostas.