TEATRO | “Boa sorte, mala fama” de Tarabela Creativa

📅 Data: Sábado, 11 de xaneiro de 2025
⏰ Hora: 20:30 h
🏟 Lugar: Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros
🎟 Prezo: 3,50 €
👀 Público recomendado: +16 anos
⏳ Duración: 120 min

🎫 Reserva de entradas dispoñible en: https://forms.gle/h1wtLwxdvmqgQDFx5

ℹ️ Tamén podes reservar e comprar as entradas nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros en horario de 8.00 a 15.00 h.

✨ Sobre “Boa sorte, mala fama”

As andoriñas, símbolo de boa sorte, tamén carrexan mala fama, igual que tantos emigrantes galegos que partiron á procura dun futuro mellor. Con esta poderosa metáfora, “Boa sorte, mala fama” reflexiona sobre as historias de vida e sacrificio que adoitan quedar na sombra.

Esta proposta de Tarabela Creativa conecta coa realidade local e ademais contou coa colaboración na súa creación do veciño muradán Tono Beiro, o que lle engade un valor especial e auténtico.

A concelleira de Cultura, Caridad González, destaca: “É un orgullo iniciar a programación de 2025 cunha obra que reflexiona sobre o fenómeno da emigración, tan arraigado na nosa historia. A participación do veciño muradán Tono Beiro, que deixou pegada aquí e máis alá do mar, dálle unha conexión especial e auténtica.”