SERVIZOS SOCIAIS | Marcha Nórdica, Pack de aprendizaxe

MARCHA NÓRDICA | PACK DE APRENDIZAXE

Ao practicar MN os bastóns son a referencia pola cal camiñaremos de maneira que a nosa columna estea aliñada e activando a musculatura correspondente sen estrés e con baixo impacto.
Camiñando cos bastóns de MN estamos a implicar practicamente á totalidade do corpo. Moito máis que camiñar! Actividade física máis completa que camiñar!
Practícase habitualmente ao aire libre e na contorna natural, un medio propicio para eliminar o estrés. A técnica solicítanos a nosa atención, ideal para esquecerse das preocupacións do día a día.

MUROS
1 | OUTUBRO | 10.30 H
8 | OUTUBRO | 17.30 H

Facilitaranse os bastóns | Prazas limitadas
Inscricións ata o 23 de setembro
Oficinas de Servizos Sociais | Tfno 981 762 465